InicioEconomíaAbel Caballero reclama para a cidade varios espazos portuarios, entre eles unha...

Abel Caballero reclama para a cidade varios espazos portuarios, entre eles unha marxe de Beiramar e parte de Bouzas

Ofrece ao Porto un "pacto" para o Plan Especial se hai acordo no Plan de Usos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este xoves algunhas das alegacións presentadas polo Concello ao Plan de Usos do Porto, e das que destacou a reclamación municipal para desafectar diferentes espazos que, actualmente, non teñen uso estritamente portuario, para que pasen a formar “parte activa da cidade” e deixen de ser zona exclusivamente portuaria.

Segundo explicou nunhas declaracións remitidas aos medios, esta formulación “é unha posición moi razoable”, porque se trata de espazos “que xa está a utilizar a cidade” e “convén que estean fose da zona portuariua”. Con todo, matizou, “seguirían sendo propiedade do Porto, pero teñen que estar rexidas polas normas da cidade”.

Deste xeito, habería que asinan un convenio para regular as obrigacións de cada parte en aspectos como limpeza ou mantemento, pero si que sería competencia municipal outorgar licenzas para obras ou autorizacións para eventos, por exemplo. Ademais, eses espazos terían que incluírse no plan de ordenación municipal.

Caballero enumerou as zonas que o Concello reclama en varios puntos. Así, na zona de Bouzas, pediu que sexan “parte da cidade” o campo de fútbol do Rápido, o pavillón municipal, o centro social da Xunta ou o CIPF Audiovisual. Igualmente, nas alegacións o Concello pide que se estude a implementación dun paso peonil no viaduto da VG-20, o que une a zona de Alcabre coa terminal de coches. “Parece razoable que os peóns poidan camiñar polo viaduto, que é un molote imprescindible, pero un molote. Humanicémoslo un pouco”, sinalou.

BEIRAMAR

Na zona de Beiramar, o Concello propón que todo o chan na marxe esquerda, o máis afastado ao mar, onde se sitúan o auditorio Mar de Vigo, o hotel Eurostars, o Instituto Marítimo Pesqueiro, talleres e as naves de frigoríficos, “pasen a ser cidade” porque “xa é cidade pola vía do feito”, do mesmo xeito que o tramo ata Bouzas.

Ademais, nas alegacións tamén se reclama un “impulso” ao soterramento do tráfico, é dicir, á construción do túnel. O espazo en superficie sería tamén desafectado para uso cidadán e sería unha zona peonil. Neste mesmo ámbito, o Concello quere a desafección do recheo construído fronte ao Auditorio, que o alcalde sospeita que o Porto quere destinar a aparcadoiro de camións, “o cal é un disparate”, ou a construír algunha edificación, xusto diante do palacio de congresos, “unha gran obra arquitectónica”. Queremos que ese espazo estea na zona de interacción porto-cidade”, incidiu.

Por outra banda, o alcalde advertiu de que, en Beiramar, hai naves que están catalogadas, e o Concello pide que teñan un “tratamento especial” no Plan de Usos.

CENTRO E BARRIO DE TEIS

En canto ao centro, Caballero reclama para o Concello os xardíns de Montero Ríos-As Avenidas, salvo a parte das antigas vías do tren, e a Praza da Estrela, que “non ten ningún sentido que sexa Porto”, aínda que alí está a sede e as oficinas da Autoridade Portuaria. “É propiedade do porto (a praza), pero ten que estar rexida polas normas da cidade”, incidiu.

Tamén se referiu a varias zonas no barrio de Teis, como as praias próximas á EDAR, ou o paseo público nese ámbito, e rexeitou deixar para servizo portuario unha zona anexa ao antigo estaleiro Vulcano. Igualmente, reclama ao Porto que dea solución ao acceso á súa área na Lagoa, que agora se fai por Espiñeiro.

Finalmente, outras das alegacións presentadas teñen que ver cos accesos e conexións do Porto, que deben ser garantidas polo propio organismo portuario a xuízo do rexedor, e co aparcadoiro para os traballadores. Segundo explicou Caballero, o Plan de Usos non aborda esta cuestión, aínda que a actividade do Porto e dos estaleiros, entre outras industrias da zona, move a miles de traballadores e deben ter garantidos os accesos e as zonas para aparcar.

OFERTA DE “PACTO”

Abel Caballero asegurou que pretende “enfocar” estas achegas desde o punto de vista da “cooperación” e lembrou que el mesmo presidiu a Autoridade Portuaria durante dous anos, e sabe da importancia deste organismo.

ÚLTIMAS

Familias e sindicatos manifestaranse para esixir profesores para alumnos ingresados en Saúde Mental no Cunqueiro: “Non nos queda outra”

Familias de Vigo planean unha manifestación para esixir á Xunta de Galicia profesores para alumnos ingresados...

Un accidente múltiple provoca colas quilométricas na AP-9 á entrada de Vigo

Un accidente múltiple, no que ata catro vehículos víronse implicados, provocou na tarde deste...

Un proxecto da UVigo realiza traballos na ‘raia’ para diminuír o risco de grandes incendios

O proxecto Firepoctep+, liderado pola Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo (UVigo),...

Convocada unha manifestación por Resposta Feminista polo 25N en Vigo para que “a vergoña cambie de bando”

Resposta Feminista, unha plataforma nada en Vigo coa vocación de convocar mobilizacións unitarias do...