InicioEconomíaA CIG retoma as protestas pola situación da automoción ante a "pasividade"...

A CIG retoma as protestas pola situación da automoción ante a “pasividade” da Xunta

Nin os traballadores da empresa principal nin os das auxiliares sabemos a día de hoxe o plan industrial que se vai a aplicar nos próximos anos" declaran desde o sindicato

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG retomou este xoves as protestas en defensa do sector galego de automoción, cunha manifestación que percorreu a contorna da planta de Stellantis en Vigo, na que participaron delegados sindicais de empresas da comarca viguesa, de Pontevedra e Ourense.

Tras a marcha, representantes do sindicato leron un manifesto no que denunciaban o “futuro incerto” do sector pola falta de política industrial por parte da Xunta e a ausencia de investimentos de Stellantis, de face á fabricación de novos modelos. “Nin os traballadores da empresa principal nin os das auxiliares sabemos a día de hoxe o plan industrial que se vai a aplicar nos próximos anos, porque neste momento está a fabricarse o mínimo de vehículos eléctricos esixidos para manter as axudas e os proxectos”, advertiron.

Así, afearon a “pasivididade” da administración autonómica, que só se decidiu a declarar o sector como estratéxico “despois da campaña de protestas da CIG”.

O sindicato denunciou tamén que as compañías utilizar a industria galega do automóbil como “banco de probas para ensaiar novas fórmulas de aforro de custos en man de obra, e de optimización de recursos para obter os máximos beneficios”. Todo isto, alertaron, tradúcese en “maior precariedade, perda de dereitos e destrución de emprego”.

Mentres, criticaron, as empresas “calan e outorgan”, o Concello de Vigo e Zona Franca “están mudos” e a Xunta “segue xogando un papel irrelevante, sendo unicamente correa de transmisión de Stellantis”. Como consecuencia, o sector está “nun proceso imparable de precarización laboral” e case todas as empresas teñen “ERTE abusivos“, acoden á desregulación de xornada, impoñen quendas, abusan das ETT e dos baixos salarios, a pesar do que igualmente obteñen axudas públicas.

ÚLTIMAS

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...