InicioEconomíaO Casco Vello investirá 1,6 millóns para rehabilitar seis edificios

O Casco Vello investirá 1,6 millóns para rehabilitar seis edificios

Avanzará con obras de rehabilitación dos edificios da rúa Elduayen número 39 (cinco vivendas e un local); da rúa Hortas número 2 (dúas vivendas), e do inmoble da rúa Ribeira do Berbés 39, con dúas vivendas. Ás anteriores, sumaranse cinco vivendas tras a rehabilitación dun edificio da rúa Alta 8-14.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, Ana Ortiz, presidiu este xoves o consello de administración do organismo, no que se aprobou un novo Plan de Actuacións, Investimentos e Financiamento de 2025 cun investimento directo de 1,6 millóns de euros para rehabilitar seis edificios.

Así, Ortiz destacou o “consenso” dos membros do consello para sacar adiante a planificación que dará “un novo impulso” aos traballos de recuperación do barrio histórico de Vigo. “Seguimos adiante para cumprir cunha das prioridades da Xunta, que non é outra que facilitar o acceso á vivenda de protección aos vigueses“, subliñou a presidenta, segundo recolle o Goberno galego nun comunicado.

En concreto, en 2025 o Consorcio Casco Vello, participado nun 90 % pola Xunta e nun 10 % polo Concello, avanzará con obras de rehabilitación dos edificios da rúa Elduayen número 39 (cinco vivendas e un local); da rúa Hortas número 2 (dúas vivendas), e do inmoble da rúa Ribeira do Berbés 39, con dúas vivendas.

Ás anteriores, sumaranse cinco vivendas tras a rehabilitación dun edificio da rúa Alta 8-14. Ademais, Ortiz lembrou que o ano que vén está previsto licitar dous proxectos e a obtención de autorizacións administrativas para rehabilitar dous inmobles máis no barrio do Berbés. Para atender a estas actuacións, investiranse uns 1,6 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...