InicioEconomíaStellantis volve suspender parte da súa actividade o vindeiro luns por falta...

Stellantis volve suspender parte da súa actividade o vindeiro luns por falta de pezas

En concreto, segundo informou a compañía aos empregados, o Sistema 1 da planta, que monta o Peugeot 2008, estará parado durante as tres quendas do luns 24, volvendo ao traballo na quenda de mañá do martes, día 25.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volverá a suspender parte da súa actividade o vindeiro luns, día 24 de xuño, por problemas de aprovisionamento de pezas. En concreto, segundo informou a compañía aos empregados, o Sistema 1 da planta, que monta o Peugeot 2008, estará parado durante as tres quendas do luns 24, volvendo ao traballo na quenda de mañá do martes, día 25.

“Por causa de forza maior, debido a dificultades de aprovisionamento, suspéndese a actividade do Sistema 1 nas tres quendas do luns, 24 de xuño”, explicou a empresa. Este parón únese ás incontables veces que Stellantis Vigo rexistrou nos últimos meses e anos debido á falta de pezas para a ensamblaxe dos seus vehículos.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...