InicioEconomíaO TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion...

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laborar de 2023 do persoal de Ilunion --centro especial de emprego do grupo ONCE-- nas compañías da automoción Stellantis (Vigo), Benteler (Mos e Valadares) e Lear (Valadares) ao "incumprir" o convenio autonómico e estatal de CEE.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion (centro especial de emprego do grupo ONCE) nas compañías da automoción Stellantis (Vigo), Benteler (Mos e Valadares) e Lear (Valadares) ao “incumprir” o convenio autonómico e estatal de CEE.

Segundo informou a CIG, a dirección de Ilunion impúñalle ao seu persoal as vacacións de Stellantis, “vulnerando” os convenios colectivos da CEE que establecen que se deberán repartir como máximo en dous períodos distintos de 16 días de duración, un deles a gozar durante o verán, pero a empresa “obrigaba a coller unha semana en decembro”.

En consecuencia, os delegados sindicais da CIG presentaron unha denuncia ante o Xulgado do Social de Vigo que deu a razón á empresa. O TSXG estimou o recurso da central sindical e anulou os calendarios laborais. Contra o fallo do Alto Tribunal galego cabe recursos de casación ante o Tribunal Supremo. Para a CIG a decisión xudicial “demostra unha vez máis” os “constantes incumprimentos” en materia laboral que os traballadores de Ilunion “levan anos denunciando”.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...