InicioEconomíaStellantis deterá parte da súa produción na quenda de noite deste mércores...

Stellantis deterá parte da súa produción na quenda de noite deste mércores por falta de pezas

Tal como informou a compañía aos traballadores, por causas de forza maior, debido a problemas de aprovisionamento, suspenderase a actividade da quenda de noite no Sistema 1 da planta de Balaídos, que ensambla os Peugeot 2008.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis deterá parte da súa produción na quenda de noite deste mércores, 1 de maio, por falta de pezas necesarias para a fabricación dos seus vehículos. Tal como informou a compañía aos traballadores, por causas de forza maior, debido a problemas de aprovisionamento, suspenderase a actividade da quenda de noite no Sistema 1 da planta de Balaídos, que ensambla os Peugeot 2008.

Esta parada únese ás incontables veces que a fábrica de Vigo viuse obrigada a suspender os seus traballos por problemas similares nos últimos meses. A pesar de todo, o director das instalacións olívicas, Ignacio Bueno, asegurou a semana pasada que a previsión é que esta situación mellore nas próximas semanas, reducíndose o número de xornadas sen actividade.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...