InicioPolíticaAbel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade:...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

Segundo o rexedor, esta medida trátase dun "apoio importantísimo e vital" para que a compañía automobilística continúe fabricando os seus vehículos en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello de Ministros deste pasado martes do despregamento da rede eléctrica de moi alta tensión para a cidade. “É o que Stellantis e a industria reclamaba e o que a cidade quería”, reivindicou nun audio gravado e remitido aos medios de comunicación. Segundo o rexedor, esta medida trátase dun “apoio importantísimo e vital” para que a compañía automobilística continúe fabricando os seus vehículos en Vigo.

Todo iso despois de que o Consello de Ministros aprobase este martes a modificación puntual ao Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica no horizonte 2026, para ampliar o número de actuacións, entre as que se inclúe a conexión de Stellantis Vigo á denominada rede de moi alta tensión, tras anos de peticións por parte da empresa e doutras administracións, como a Xunta e o Concello.

AP-9

Noutro audio, Caballero tamén celebrou a sentenza do Tribunal Supremo que desestima a demanda de Audasa, concesionaria da AP-9, para que o Estado lle abonase uns 46 millóns de euros polas perdas rexistradas na pandemia. O alcalde aproveitou para criticar a decisión do expresidente do Goberno José María Aznar de prorrogar a concesión ata 2048 e pediu que se avance cara á gratuidade da autoestrada.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...