InicioEconomíaVigo terá un superávit do 1,1 % en 2024

Vigo terá un superávit do 1,1 % en 2024

A AIReF prevé que as grandes cidades teñan superávit en 2024.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) ten a previsión de que todos os concellos en España de máis de 250.000 habitantes terán superávit no exercicio de 2024. Desta maneira, as dúas grandes cidades de España, Madrid e Barcelona, terán unha porcentaxe de remanentes do 3 % e o 4,8 %, respectivamente.

Así se desprende do informe sobre os orzamentos iniciais das corporacións locais que deu a coñecer a AIReF esta semana, onde prevé un superávit nos 17 concellos en España de máis de 250.000 habitantes, así como nas tres Deputacións forais do País Vasco, as Deputacións de Barcelona, Valencia e Sevilla, o Cabildo de Tenerife e o Consell de Mallorca.

A media destas 25 corporacións locais é un superávit de 1.179 millóns de euros, o que se traduce nun 4,2 % de ingresos non financeiros. Neste contexto, os tres concellos cunha maior porcentaxe de remanentes son Málaga (18,8 %), L’Hospitalet de Llobregat (13 %) e Sevilla (11,8 %). En canto ás dúas cidades máis grandes de España, Madrid terá un superávit de 182 millóns de euros, o que supón o 3 %, mentres que o Concello de Barcelona acumulará remanentes por valor de 166 millóns, un 4,8 %, segundo as previsións da AIReF.

O RESTO DE CORPORACIÓNS LOCAIS

Despois de Málaga, L’Hospitalet e Sevilla, a AIReF sitúa como as entidades locais con máis superávit á Deputación de Sevilla (10,5 %); a Deputación de Valencia (9,5 %); o Concello de Murcia (7,8 %); o Concello de Las Palmas de Gran Canaria e o de Córdoba (7,7 %) e o Concello de Alacante (7,4 %).

Completan a lista o Concello de Valladolid (5,9 %); o consell de Mallorca (4,9 %); o Concello de Barcelona (4,8 %); o Concello de Madrid (3 %); o Concello de Valencia (2,3 %); a Deputación de Guipúzcoa (1,9 %); a Deputación de Biscaia (1,7 %); a Deputación de Barcelona (1,5 %); o Concello de Vigo (1,1 %); a Deputación de Áraba e o Concello de Bilbao (0,9 %); o Concello de Xixón (0,4 %) e o cabido de Tenerife (0,1 %).

Así mesmo, o informe tamén fala da capacidade ou necesidade de financiamento destas corporacións locais ao peche de 2023, debullando que houbo seis entidadades que tiveron déficit no exercicio anterior. Este seis corporacións con déficit ao peche de 2023 foron o Concello de Valladolid (- 7,2 %); o Concello de Murcia (- 4,9 %); o Concello de Córdoba (- 4,5 %); o Concello de Bilbao e a Deputación de Biscaia (- 3,7 %) e o Concello de Barcelona, cun déficit dun millón de euros.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...