InicioEconomíaO Porto de Vigo segue liderando en automoción

O Porto de Vigo segue liderando en automoción

O Porto de Vigo pechou o mes de febreiro cos mellores datos de tráficos da súa historia, acadando as 414.227 toneladas, o que supón un aumento do 16,09 % con respecto a xaneiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Porto de Vigo pechou o mes de febreiro cos mellores datos de tráficos da súa historia e manténdose por segundo mes como a primeira terminal de España no que respecta á automoción, segundo o balance presentado este venres no Consello de Administración da Autoridade Portuaria. Tras o Consello, o presidente do Porto, Carlos Botana compareceu en rolda de prensa e confirmou que, no segundo mes do ano, o tráfico total na terminal olívica alcanzou as 414.227 toneladas, o que supón un aumento do 16,09 % con respecto ao mes de xaneiro e un incremento acumulado anual (xaneiro e febreiro) do 8,04 %.

Con respecto á mercadoría xeral, a subida de febreiro foi do 21,14 % e a subida acumulada do 13,49 %; mentres que a pesca fresca experimento un aumento do 2,24 % en febreiro e do 4,16 % en termos acumulados. Por mercadorías, o Porto de Vigo experimentou incrementos en automoción (un 54,8 % en febreiro e un 35,34 % acumulado), en abonos e pensos (un 61,18 % mensual e un 53,05 % acumulado), en conservas (29,11 % en febreiro e 14,25 % acumulado) ou pezas de automoción (133,47 % en febreiro e 121 % acumulado).

De feito, subliñou Botana, a terminal viguesa volveuse a situar, por segundo mes consecutivo como primeira de España en tráfico de automóbiles, por diante de Valencia e Barcelona. Tamén se rexistraron incrementos nos tráficos mensual e acumulado de colectores (26,28 % e 8,27 %, respectivamente). Na parte negativa, rexistráronse descensos nos tráficos de aceite de peixe (- 71,5 % mensual e – 49 % acumulado), carbóns e coque (- 40,85 % mensual e – 28 % acumulado), granito bruto (- 18,5 % mensual e – 29,1 % acumulado), metais (- 31 % mensual e – 15,3 % acumulado) ou a pesca conxelada (- 2 % mensual e – 3,39 % acumulado).

Finalmente, Carlos Botana confirmou que o Consello de Administración deu luz verde este venres á concesión de 245.000 metros cadrados a Stellantis na terminal de Bouzas. Nese espazo, lembrou, construirase o novo silo para automóbiles, coa previsión de que as obras comecen no último trimestre deste ano e finalicen a finais de 2026.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...