InicioEconomíaO estaleiro vigués San Enrique amplía a súa actividade á instalación de...

O estaleiro vigués San Enrique amplía a súa actividade á instalación de velas de succión para descarbonización de buques

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estaleiro vigués San Enrique (antigo Vulcano) ampliou a súa actividade á instalación de velas de succión, cun contrato para a instalación de tres destas velas no buque ro-ro ‘Ville de Bordeaux’, segundo informou o grupo empresarial ao que pertence, Mariña Meridional.

Así, no marco do seu plan de diversificación de actividade, San Enrique pechou o contrato para a instalación de tres veas eSAILS deseñadas pola empresa española Bound4blue neste barco, de 150 metros de eslora. As velas teñen 22 metros de altura e cobren unha parte significativa do consumo enerxético do buque, como complemento á súa propulsión, contribuíndo a reducir o consumo de combustibles fósiles.

O ‘Ville de Bordeaux’ cobre unha ruta entre Europa e América do Norte e apostou por esta tecnoloxía para avanzar na descarbonización. A finais do ano pasado, o estaleiro vigués recibiu o tres veas para proceder á súa instalación, que se realizou hai uns días, á chegada do barco de Estados Unidos.

Así, o 27 de febreiro pasado realizouse a instalación mediante dous guindastres de gran tonelaxe situadas nas bancadas do estaleiro en Vigo. Unha vez colocadas, conectáronse os controis das velas e levaron a cabo os axustes pertinentes.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...