InicioEconomíaO Porto de Vigo pecha xaneiro como líder nacional en movemento de...

O Porto de Vigo pecha xaneiro como líder nacional en movemento de vehículos, con 55.801 unidades

Cun total de 55.801 unidades, un 19 % máis, segundo os datos comunicados este venres na reunión mensual do Consello de Administración.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo pechou xaneiro deste ano arrebatando o liderado en movemento de vehículos á terminal de Barcelona, cun total de 55.801 unidades, un 19 % máis, segundo os datos comunicados este venres na reunión mensual do Consello de Administración. Así, este crecemento reflíctese tamén nas toneladas de tráfico portuario de vehículos, que experimentan unha subida do 16,7 %, do mesmo xeito que crece o tráfico doutras mercadorías, como as pezas de automoción (un 107,57 %), ou a pesca fresca (un 6,24 % máis).

Segundo se reflicte nas estatísticas, o tráfico de mercadoría xeral do porto de Vigo creceu un 5,62 % no mes de xaneiro de 2024, con respecto a xaneiro de 2023; e tamén creceu o número de pasaxeiros (tanto de cruceiros como de transporte de ría) ata un total de 104.571, un 5,14 % máis. No lado negativo, experimentaron caídas mercadorías como o cemento (- 49,6 %), as conservas (- 23,4 %), o granito en bruto (- 44,26 %) ou a pesca conxelada (- 4,52 %).

No que respecta ao tráfico de colectores, China é o principal socio comercial da terminal viguesa con importación e exportación de mercadorías como alimentos, pesca conxelada ou maquinaria, seguida por Brasil (importación de froita, metais e madeiras), Marrocos (exportación de granitos elaborados e madeiras) e Estados Unidos (exportación de granitos elaborados e materiais de construción).

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...