InicioEconomíaCaballero celebra a modificación do Goberno para incluír a moi alta tensión...

Caballero celebra a modificación do Goberno para incluír a moi alta tensión para Vigo na planificación eléctrica

Esta nova achega benefiará en gran medida a Stellantis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este venres a modificación puntual da Planificación de electricidade con horizonte 2026 publicada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que inclúe a chegada da moi alta tensión á cidade. Nun audio gravado e difundido aos medios de comunicación, Caballero puxo en valor esta decisión, que permitirá cumprir a demanda de Stellantis para poder continuar producindo na súa factoría de Balaídos.

Tras lembrar que suporá un investimento de 72 millóns de euros, o rexedor olívico dixo que desta maneira cúmprese o “compromiso” que a vicepresidenta terceira Teresa Ribera adquiriu a comezos de ano. “Era o que Stellantis demandaba”, reivindicou Caballero, destacado que o Goberno de España “cumpre con el”. “Dixeron que o ían a facer e fixérono”, engadiu.

UNS 105 MILLÓNS PARA GALICIA

Tamén o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, celebrou esta decisión do Executivo central, asegurando que Galicia é a comunidade “máis beneficiada” dos cambios na planificación eléctrica, ao recibir 105 millóns de euros en investimentos.

Ademais da subestación de Vigo, Besteiro puxo o foco na nova central de bombeo das Pontes, a nova subestación de Naraio, en Ferrol, e a ampliación da subestación de Meirama. “O plan resolve cuestións transcendentales para o futuro industrial de Galicia”, subliñou o político, apuntando a importancia da moi alta tensión para Vigo, que corrixe unha “carencia moi relevante” para o futuro de Stellantis.

VALORACIÓN DE UGT

Ante a noticia, o sindicato UGT non tardou en valorar positivamente a decisión, que dotará á industria viguesa de conexión á moi alta tensión. “No contexto actual resulta evidente que os custos enerxéticos son un alicerce fundamental para o desenvolvemento da industria no noso país. En consecuencia, poder dispor da moi alta tensión no polígono de Balaídos, onde está instalada a factoría de Stellantis, é básico para reforzar e consolidar a súa posición para seguir sendo unha planta de referencia dentro do grupo“, subliñou UGT.

A organización sindical lembrou que na actualidade o sector do automóbil está en fase de adxudicacións de investimentos importantes e Stellantis non é unha excepción. “Consideramos que esta aposta do Goberno, cun investimento de 72 millóns, vai contribuír de forma positiva a que o grupo adxudique a nova plataforma de vehículos eléctricos que permitirá asegurar a actividade industrial e, por tanto, os postos de traballo”, sentenciou UGT nun comunicado.

VALORACIÓN DE STELLANTIS

A dirección da factoría automobilística viguesa de Stellantis felicitouse pola modificación do Plan de Desenvolvemento da Rede Eléctrica publicado este venres polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que inclúe a chegada da moi alta tensión a Vigo. En declaracións a Europa Press, o director de Comunicación da planta, Pedro Huertas, celebrou esta decisión, que fará posible a conexión do polígono de Balaídos á rede de moi alta tensión.

Así, agradeceu o apoio que esta actuación tivo de diferentes estamentos sociais, económicos e políticos, xa que se tratou dunha reivindicación durante anos da empresa. “Esperamos que a conexión poida materializarse o máis rápido posible. É unha infraestrutura moi necesaria que contribuirá á competitividade da nosa planta”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...