InicioEconomíaA Xunta asegura que velará pola selección dun proxecto viable para Fandicosta...

A Xunta asegura que velará pola selección dun proxecto viable para Fandicosta tras reunirse co comité

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez; a directora do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, e a directora de XesGalicia, Raquel Rodríguez, mantiveron este pasado luns unha reunión de traballo co comité de empresa e representantes de Fandicosta, que entrou en preconcurso de acredores o pasado mes de outubro.

No encontro, ademais de falar da situación actual da pesqueira galega, Vázquez, Toca e Rodríguez subliñaron que a Xunta velará pola selección dun proxecto industrial “que garanta a viabilidade” da firma. Eles explicaron que o Goberno autonómico actuará dentro das súas capacidades no proceso de procura de comprador para Fandicosta, da cal a Xunta posúe máis do 12 % das accións. O obxectivo é seleccionar a oferta que teña en conta un plan de viabilidade industrial e maximice a preservación dos postos de traballo.

Así, comprometéronse, segundo recolle a Xunta nun comunicado, a seguir “vixiantes” a evolución dos acontecementos e a situación da empresa, por ser un “referente” na cadea mar-industria. Tras esta reunión, este martes levouse a cabo o segundo encontro de negociación do expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) que expuxo a empresa para a súa factoría de Domaio, en Moaña. A intención inicial da firma é que afecte a unhas 111 persoas, máis da metade do persoal. Por iso, celebraranse asembleas informativas cos empregados e darase a coñecer o resultado das mesmas o mércores.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...