InicioEconomíaPetición de "convenio digno" na folga das escolas infantís privadas ou de...

Petición de “convenio digno” na folga das escolas infantís privadas ou de xestión indirecta

Só en Galicia, o sector agrupa a unhas 2000 persoas e a uns 200 centros, que optaron pola folga tras máis dun ano no que se produciron ata 10 reunións "nas que nada se avanzou", segundo lamenta a CIG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sindicatos reivindicaron este xoves o “seguimento masivo” da folga nas escolas infantís privadas ou de xestión indirecta durante a primeira xornada dos paros convocados, que se volverán a repetir o 25 de outubro e os días 8 e 15 de novembro.

Nun comunicado, a CIG explicou que esta medida pretende reclamar un convenio “digno” e uns salarios “xustos” para as traballadoras, na súa gran maioría mulleres.

Para visibilizar estas demandas, centenares de empregadas concentráronse en Vigo e na Coruña para denunciar o “bloqueo” que a patronal está a levar a cabo na negociación do novo convenio, xa que no anterior as táboas salariais quedaron por baixo do salario mínimo interprofesional.

Só en Galicia, o sector agrupa a unhas 2000 persoas e a uns 200 centros, que optaron pola folga tras máis dun ano no que se produciron ata 10 reunións “nas que nada se avanzou”, segundo lamenta a CIG.

Pola súa banda, desde Comisións Obreiras, convocante da folga, cifraron nun 80% o seguimento do paro, aínda que criticaron a posición dalgunhas empresas privadas, que estableceron servizos mínimos para a folga deste xoves, debido a que si estaba permitido para aquelas gardarías dependentes dos concellos, ao ser públicas ou semipúblicas.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...