InicioEconomíaA Xunta e o Concello de Baiona abordarán unha planificación integral de posibles actuacións para executar...

A Xunta e o Concello de Baiona abordarán unha planificación integral de posibles actuacións para executar no estuario da Foz

Tamén se comprometeron a retomar o proxecto de humanización da Avenida de Sabarís, unha actuación de acondicionamento iniciada hai anos e na execución xa colaboraron ambas as administracións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta e o Concello de Baiona abordarán unha planificación integral de posibles actuacións para executar no estuario da Foz para pór en valor esta zona, localizada no río Miñor e que forma parte da Zona de especial conservación (ZEC) da Ramallosa. Así o acordaron este mércores a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Jesús Vázquez Almuíña.

En materia urbanística Vázquez comprometeuse a retomar o proxecto de humanización da Avenida de Sabarís, unha actuación de acondicionamento iniciada hai anos e na execución xa colaboraron ambas as administracións. Neste sentido e tras lembrar que das tres fases nas que se dividiu a intervención, dúas xa foron executadas, Vázquez e o alcalde analizaron os traballos pendentes e que se corresponden coa fase intermedia.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...