InicioEconomíaProhibido o paso ao antigo asilo do Barrio do Cura, onde subsisten...

Prohibido o paso ao antigo asilo do Barrio do Cura, onde subsisten ‘sen teito’

A aparición destes sinais coincide co inicio da tramitación do convenio con Barrio do Cura Desarrollo S.L.U. para a modificación do PXOM de 1993 e do Pepri Casco Vello. O Concello asegura que se instalaron para "evitar accidentes".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous sinais de prohibido o paso apareceron á entrada do ruinoso asilo do Barrio do Cura, onde subsisten grupos de ‘sen teito’ e okupas en situación absolutamente insalubre e inhumana.

A aparición destes sinais sorprendeu aos moradores deste lúgubre espazo, situado no balcón de Vigo, no Paseo de Alfonso. A situación ruinosa do antigo asilo, as toneladas de lixo que se acumulan e os malos cheiros xa forman parte da paisaxe desta zona de Vigo, sometida á especulación urbanística e a presión e afogamento aos veciños desde que a finais de 2003 Karpin y Asociados SL iniciou un ambicioso pero frustrado plan de derrubamento dos vellos edificios e construción de pisos de luxo na zona.

Co proxecto de remodelación do barrio revitalizado e en mans de Barrio do Cura Desarrollo SLU (sociedade creada polo grupo Gestilar), o Concello xustifica a decisión en evitar accidentes nese edificio. A aparición destes sinais apareceron precisamente coincidindo co inicio da tramitación do convenio con Barrio do Cura Desarrollo S.L.U. para a modificación do PXOM de 1993 e do Pepri Casco Vello.

Malia os sinais, os ‘sen teito’ din que se seguirán refuxiando neste espazo, a falta doutro lugar onde durmir cubertos.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...