InicioTrece empresas entran na oferta para executar o aparcadoiro de Domaio, en...

Trece empresas entran na oferta para executar o aparcadoiro de Domaio, en Moaña, cun orzamento de 877.000 euros

A actuación forma parte dos proxectos promovidos polo Executivo autonómico, financiados con fondos europeos, para a transformación da mobilidade nas contornas urbanas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia recibiu 13 ofertas de empresas para executar o aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido en Domaio, no concello pontevedrés de Moaña, que suporá un investimento de máis de 877.000 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé comezar no verán as obras deste aparcadoiro que se situará nas proximidades da ligazón de Rande da estrada PO-551, como prolongación do xa existente na marxe dereita.

Segundo informou o Goberno galego, contará cun total de 75 prazas, dúas delas para vehículos conducidos por persoas con mobilidade reducida. Tamén se instalarán tres puntos de recarga para coches eléctricos.

A actuación forma parte dos proxectos promovidos polo Executivo autonómico, financiados con fondos europeos, para a transformación da mobilidade nas contornas urbanas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...