InicioEconomíaVigo acollerá un grao de Enxeñaría da Automoción dual que incluirá formación...

Vigo acollerá un grao de Enxeñaría da Automoción dual que incluirá formación e contrato laboral

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a Universidade de Vigo (UVigo) e o sector da automoción apostaron este luns por impulsar un grao de Enxeñaría da Automoción dual que combinará a formación dos alumnos cun contrato laboral regulado, reproducindo o modelo que xa existe na FP dual, pero agora a nivel universitario.

Con fin, asinouse na cidade olívica un convenio nun acto ao que asistiron, entre outros, o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; o director da fábrica de Stellantis Vigo, Ignacio Bueno, e o reitor da UVigo, Manuel Reigosa.

Precisamente Rueda apostou pola implantación destes graos duais nas universidades, explicando que a intención é que a UVigo e a industria da automoción reproduzan o “modelo de éxito” da Formación Profesional Dual, que consegue taxas de inserción laboral de case o 100% e coa que xa se colabora con máis de 800 empresas galegas.

Ignacio Bueno puxo en valor a “colaboración” levada a cabo entre o sector, a Xunta e a Universidade, que deu como froito este convenio, que é un “paso moi significativo” para a formación especializada dos estudantes.

Pola súa banda, Reigosa agradeceu a implicación do sector, que estivo presente á hora de seleccionar os contidos necesarios para a formación. Así, emprazou ás compañías a continuar aí, para ir adaptando o grao dual ás novas necesidades que poidan xurdir ao longo da súa historia.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...