InicioEconomíaO Porto de Vigo anuncia os inicios das conexións ferroviarias coa Plisan...

O Porto de Vigo anuncia os inicios das conexións ferroviarias coa Plisan sete anos despois

Prevé ter iniciada en xuño a obra do apartadeiro ferroviario, que custará 36 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

Porto de Vigo prevé ter iniciada en xuño deste ano a obra do apartadero ferroviario que dará servizo á Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, e cuxa construción (con data de finalización estimada para decembro de 2025) supón un investimento de máis de 36 millóns de euros, dos que 8,1 proceden de fondos europeos.

Así, case sete anos despois de que a Autoridade Portuaria encargase o anteproxecto, e tras anos de informes, avaliacións e outros trámites, o Consello de Administración do organismo portuario xa deu luz verde á licitación das obras, cofinanciadas xunto coa Xunta (18,3 %) e a Zona Franca (21,12 %).

Segundo explicou o xefe da área de Infraestruturas do Porto, José Enrique Escolar, a construción deste apartadero implica diferentes actuacións, como movementos de terras, conexións viarias, construción dunha ponte sobre a PO-400, construción de infraestruturas hidráulicas e ferroviarias, urbanización e instalación de servizos complementarios.

O presidente do Porto, Jesús Vázquez Almuíña, destacou que a Plisán, que contará nun futuro con 4 millóns de metros cadrados, xa ten resolta a súa conexión coa A-52, pero “o ferrocarril é o futuro”.

O apartadero que se vai a construír, con capacidade para acoller convoys de ata 750 metros, permitirá conectar ese espazo co peirao de Guixar e coa liña férrea Monforte-Vigo, “de momento”, segundo precisou Vázquez Almuíña, que segue insistindo en que a terminal de Bouzas tamén debe ter a súa conexión ferroviaria (algo ao que se opón o alcalde, Abel Caballero).

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou que este “é un día moi importante” para Vigo e o seu porto, e para toda Galicia, xa que “dá froitos” un proxecto iniciado hai anos.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...