InicioEconomíaO Porto de Vigo anuncia os inicios das conexións ferroviarias coa Plisan...

O Porto de Vigo anuncia os inicios das conexións ferroviarias coa Plisan sete anos despois

Prevé ter iniciada en xuño a obra do apartadeiro ferroviario, que custará 36 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo prevé ter iniciada en xuño deste ano a obra do apartadero ferroviario que dará servizo á Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, e cuxa construción (con data de finalización estimada para decembro de 2025) supón un investimento de máis de 36 millóns de euros, dos que 8,1 proceden de fondos europeos.

Así, case sete anos despois de que a Autoridade Portuaria encargase o anteproxecto, e tras anos de informes, avaliacións e outros trámites, o Consello de Administración do organismo portuario xa deu luz verde á licitación das obras, cofinanciadas xunto coa Xunta (18,3 %) e a Zona Franca (21,12 %).

Segundo explicou o xefe da área de Infraestruturas do Porto, José Enrique Escolar, a construción deste apartadero implica diferentes actuacións, como movementos de terras, conexións viarias, construción dunha ponte sobre a PO-400, construción de infraestruturas hidráulicas e ferroviarias, urbanización e instalación de servizos complementarios.

O presidente do Porto, Jesús Vázquez Almuíña, destacou que a Plisán, que contará nun futuro con 4 millóns de metros cadrados, xa ten resolta a súa conexión coa A-52, pero “o ferrocarril é o futuro”.

O apartadero que se vai a construír, con capacidade para acoller convoys de ata 750 metros, permitirá conectar ese espazo co peirao de Guixar e coa liña férrea Monforte-Vigo, “de momento”, segundo precisou Vázquez Almuíña, que segue insistindo en que a terminal de Bouzas tamén debe ter a súa conexión ferroviaria (algo ao que se opón o alcalde, Abel Caballero).

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou que este “é un día moi importante” para Vigo e o seu porto, e para toda Galicia, xa que “dá froitos” un proxecto iniciado hai anos.

ÚLTIMAS

UXT ve “desproporcionada” a sanción a unha vixiante do Cunqueiro de Vigo por darlle unha labazada a un paciente agresivo

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UXT (FeSMC-UXT) cualificou como "desproporcionada" a...

Alertan do aumento dos discursos de odio cara as persoas sen fogar en Vigo

A Fundación Érguete-Integración alertou este venres do aumento da aporofobia en Vigo e reclamou...

SOS Sanidade Pública pide unha unidade de Grandes Queimados en Vigo “referente” para todo o sur de Galicia

SOS Sanidade Pública reclamou a creación dunha unidade de Grandes Queimados en Vigo que...

Municións, 20 quilos de haxix e máis de medio millón na desarticulación dunha banda criminal en Vigo e Ponteareas

A Policía Nacional desartellou unha rede de tráfico de drogas nun operativo con 6...