InicioPolíticaO PP ataca ao Goberno central por "vender fume" nos trens a...

O PP ataca ao Goberno central por “vender fume” nos trens a Vigo

Paula Prado: "Seguimos cos trens máis vellos de España, os máis caros e esquecidos polo Goberno"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) criticou os “malos tratos” que, ao seu xuízo, o Goberno central está a someter a Vigo en materia ferroviaria ao “vender fume” e levar a cabo unha serie de “promesas sen cumprir” sobre a chegada do AVE á cidade e ao resto da Comunidade.

Así o sinalaron este venres nunha visita da secretaria xeral do partido, Paula Prado, á estación intermodal olívica, onde estivo acompañada da candidata ‘popular’ ás eleccións municipais, Marta Fernández-Tapias. Prado lembrou que a secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, prometeu que os trens Avril, que permitirán a chegada da alta velocidade a Vigo, comezarían a operar o verán pasado, máis tarde dixo que en outubro e logo no primeiro trimestre de 2023.

“O socialismo o único que fai é vender fume e non cumprir con Galicia. Seguimos cos trens máis vellos de España, os máis caros, esquecidos polo Goberno”, lamentou, indicando que probablemente estes convois non comecen a circular nin sequera este verán. Na mesma liña a falado Fernández-Tapias, pondo o foco na perda de conexións que sufriu Vigo durante a pandemia e que nunca se recuperaron, indicando que esta falta de trens dificulta aos usuarios poder comprar un billete, xa que os coches están cheos.

A tamén delegada da Xunta en Vigo referiuse a os atrasos dos trens Avril e á “burla” que supón que o PSOE diga que o AVE a Vigo por Cerdedo “está ao caer”, lembrando que o que era ministro e agora alcalde, Abel Caballero, prometeu que en 1993 chegaría a alta velocidade á cidade. “Estamos no 30 aniversario”, chanceou, criticando que aínda se segue esperando.

ÚLTIMAS

Caballero ameaza con acudir á Competencia se Iberia sobe os prezos tras recortar frecuencias en Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este luns o seu desacordo co recorte...

UGT anuncia accións legais contra os despedimentos e a externalización de servizos en Down Vigo

UGT Servizos Públicos Vigo anunciou que emprenderá “todas as accións legais precisas” para impedir...

Inxección de 83.000 euros para lanzar as pemes galegas ao exterior a través de Navalia e Conxemar

A burocracia do Boletín Oficial do Estado (BOE) fixo oficial este luns unha inxección...

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...