InicioDeportesO Concello de Vigo busca un novo espazo para o Dirt Jump...

O Concello de Vigo busca un novo espazo para o Dirt Jump do Marisquiño

Abel Caballero carga contra o silencio da Autoridade Portuaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este xoves que o Concello xa traballaba coa organización do Marisquiño para buscar un novo emprazamento para o Dirt Jump dentro da cidade.

Todo iso despois de que o festival anunciase este pasado mércores que estaba a buscar un espazo para esta proba deportiva ante a “falta de resposta” do Porto de Vigo á petición formulada para celebrar a actividade no seu lugar habitual, o Paseo das Avenidas.

En rolda de prensa, o rexedor criticou á Autoridade Portuaria e en concreto ao seu presidente, Jesús Vázquez Almuiña, acusándoo de “non estar á altura do que a cidade require”.

Por iso, desde o goberno local xa se está “buscando unha solución” porque, segundo Caballero, O Marisquiño continuará en Vigo e este ano terá “a mellor edición que houbo nunca na historia”.

“Falaremos con eles e veremos as necesidades, pero garanto que haberá un espazo en Vigo para o Dirt Jump“, subliñou, despois de encomiar a “gran experiencia” da organización e a forma de entender o festival que teñen.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...