InicioDeportesVídeo.- A primeira 'Papanoelada moteira' sen restricións covid enche a cidade

Vídeo.- A primeira ‘Papanoelada moteira’ sen restricións covid enche a cidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

pasado sábado cidade das luces por excelencia durante o Nadal deuse cita con todas as motos habidas e por haber na urbe, e tamén con outras chegadas de moitos puntos de Galicia que decidiron sumarse a unha festa das máis emblemáticas deste mes de decembro: a ‘Papanoelada moteira’. Dende Galicia Confidencial contámosche como se viviu este evento que centrou durante unhas horas a atención de todos os veciños e visitantes. Aquí tes as claves:

– Había moitas motos novas, dende Kawasaki Ninja 650 Z (unha das motos máis vendidas e que ten a casa oficial da firma en Vigo, con 650 centímetros cúbicos xa é unha moto de moita potencia, que require do carnet A2 para ser manexada) ata Suzukis GSX (unha moto algo máis antiga, pero que segue sendo a elixida por moita xente que aposta por ela pola súa fiabilidade e experiencia de conducción por estrada; ademais, a diferencia da Kawasaki, é un modelo carenado, é dicir, cunha carrocería que tapa motor e horquilla), aínda que a maioría eran scotters (unha moto automática na que é suficiente con acelerar para botar a andar, o que resulta moi cómodo para andar pola cidade). 

– Tamén houbo cabida para quads / ATV (vehículos de catro rodas a motor descubertos que adoitan ser empregados no monte e non tanto para andar por cidade) e buggys (vehículos motorizados tamén de catro rodas que non chegan ao nivel dun coche, pois non está permitido usalos para andar pola autovía). E patinetes eléctricos, que tan de moda se puxeron nestes últimos tempos, pola comodidade que supón a súa compactabilidade e a súa potencia á hora de sortear as costas que existen en moitas cidades galegas, especialmente en Vigo.

– O alcalde de Vigo, Abel Caballero, estivo dende o comezo animando a todos os participantes na liña de meta, e non foron poucos, pois o desfile como tal (sacando as numerosas retencións) durou como uns 20 minutos. Os cortes de tráfico foron continuados e a grande cantidade de motos que se sumaron á festa (ao redor dun milleiro) xa precisaban para elas soas uns 3 kilómetros de estrada.

– Moitos motoristas viñan de lonxe, non só da cidade de Vigo, porque asomábanlle os traxes de protección por debaixo do disfrace de Papa Noel. Levaban proteccións para non ter que arriscarse no traxecto a sufrir un accidente que tivese consecuencias fatais. Cabe destacar tamén que todos os participantes cumpriron as regras de circulación viaria, usando o casco.

– Mentres os que iban nas scotters usaban a bocina, o resto de motos con máis cilindrada apostaban por poñer o motor ‘ao corte’, o que significa acelerar sen marcha para revolucionar o motor, logo deixar de dar gas, e despois volvelo a dar, para que así o motor produza cortes, o que fai que moitas veces saia unha pequena chama polo escape. Outros ‘queimaban roda’, é dicir, coa moto frenada, aceleraban ca marcha posta e así a roda de atrás comezaba a xirar e a gastar o neumático contra o asfalto, o que provocaba unha fumareda. 

– Algo a destacar é que moita xente ía en parellas, mentres un conducía, a persoa que ía detrás tiraba os caramelos ao público, especialmente aos rapaces que se afanaban por collelos do chan antes de que as motos que viñan detrás lles pasasen por riba aos doces e quedasen feitos unha porcallada. Moitas eran parellas adultas, pero tamén había pais que levaban aos nenos de paquete.

– Polo que respecta aos disfraces, a maioría eran os habituais de todos os anos, por suposto moitos Papa Noeis, todos de vermello, e motos convertidas en auténticas árbores de Nadal cunha chea de luces LED. Outros apostaban por romper co cotiá: un Grinch, un monstro das galletas ou un boneco de neve. E as maletas das motos que as tiñan ían decoradas de xeito que semellaban regalos. Mesmo houbo quen quixo poñerlle un ton musical ao desfile, ataviou o quad cuns megaaltavoces e puxo a mítica canción das festas populares: ‘Sopa de Caracol’, entre outras moitas. 

ÚLTIMAS

Netflix escolle Vigo para a promoción do ‘Xogo da Lura’

Vigo, a cidade das luces, volve ser protagonista este Nadal, pero desta vez non...

Caballero repite que a cidade está fóra do Mundial por Louzán: “É antiVigo desde que o botamos da Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este venres contra Rafael Louzán, presidente...

Atascos na A-55 en ambos os sentidos á altura de Mos ao rexistrarse dous accidentes sen feridos

A A-55 volveu a rexistrar longos atascos na mañá deste venres en ambos os...

Desacordos “estratéxicos” fixeron que Tavares saíse de maneira “amigable” de Stellantis

O exconselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, volveu a falar tras a súa saída...