InicioDeportesVigo envía a documentación para que Balaídos sexa sede do Mundial de...

Vigo envía a documentación para que Balaídos sexa sede do Mundial de Fútbol 2030 cun aforamento dunhas 43.000 persoas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo enviou a documentación completa e definitiva para que o estadio municipal de Balaídos opte a ser sede do Mundial de Fútbol 2030 cun aforamento dunhas 43.000 persoas, no marco da candidatura de España e Portugal para acoller este evento deportivo.

Tal como informou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, no envío inicial faltaba unha serie de follas relativas ás competencias autonómicas, polo que agora xa se puido remitir o conxunto do papelorio necesario.

O rexedor explicou que entre estes documentos recóllense a garantía das prazas hoteleiras necesarias na cidade, as actuacións e plans de tráfico na urbe, a restauración, a seguridade ou a reforma do propio estadio.

Neste aspecto, indicou que a pesar de que as bases establecen un aforamento de polo menos 40.000 persoas, os organizadores tamén solicitan reserva duns 3.000 asentos, polo que serán necesarios no novo Balaídos unhas 43.000 prazas.

Abel Caballero volveu a cargar contra a Xunta e contra o propio Real Club Celta de Vigo, subliñando que foron a Deputación de Pontevedra e o Concello os que pagaron a reforma de Balaídos, mentres que a Xunta e o Club puxeron “cero euros”.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...