InicioDeportesO deporte como elemento para reducir a desigualdade centro da xornada "Deporte...

O deporte como elemento para reducir a desigualdade centro da xornada “Deporte e ODS” en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Auditorio Mar de Vigo acolle este mércores a xornada ‘Deporte e ODS’, organizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Consello Superior de Deportes, e na que se abordou o papel do deporte como instrumento para reducir as desigualdades.

No acto de apertura da xornada, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, recalcou que o deporte é unha actividade “transversal” e así debe ser tratada polas administracións públicas, e incidiu no papel que ten esta actividade para “favorecer a igualdade” e a integración. Respecto diso, lembrou que “só hai 100 ano” que as mulleres poden participar en actividades deportivas e, a día de hoxe, “conseguen éxitos increibles” a pesar da discriminación e de ter menos recursos.

Do mesmo xeito, apuntou que é necesaria a “discriminación positiva” das persoas con discapacidade ou dos maiores, que precisan recursos e actividades adaptadas, e fixo un chamamento para que eses recursos “cheguen ao ámbito local” porque as administracións locais son os “mellores xestores” debido á súa proximidade.

Pola súa banda, o presidente do Consello Superior de Deportes (CSD) e secretario de Estado para o Deporte, José Manuel Franco, puxo e valor a achega da industria deportiva ao PIB, un 3,3 %, así como a xeración de 400.000 empregos, a gran maioría de mozas. “O modelo actual está a se transformar baixo a senda que contempla a UE, camiñando cara á transición ecolóxica de instalacións e a dixitalización do sector”, subliñou, antes de engadir que o deporte “contribúe ao benestar e promove importantes valores”.

Por iso, incidiu Franco, o Goberno de España aposta polo deporte “como ferramenta para a loita contra a exclusión social e como elemento vertebrador de sociedades máis xustas e igualitarias”. Nese sentido, recoñeceu que o ámbito municipal é “esencial” para crear un futuro sen desigualdades.

Finalmente, o presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, definiu o deporte como “unha forma de vida” e como factor de “igualdade, inclusión, equilibrio territorial ou vertebración”.

Nese sentido, destacou o “compromiso firme” do Concello de Vigo co fomento da participación da muller no deporte, con apoios e axudas a clubs que teñen unha participación feminina singular.

XORNADA

No marco desta xornada celebrouse diferentes mesas de debate para coñecer as boas prácticas na xestión do deporte local como ferramenta para acelerar o cumprimento dos ODS, así como experiencias locais centradas na loita contra a desigualdade.

Ademais dos alcaldes e alcaldesas de Palma, Cáceres ou San Feliu de Llobregat, entre outros, participaron o presidente da Deputación de León, Eduardo Morán, e a directora xeral de Deporte do Principado de Asturias e exciclista, Aida Nuño.

Do ámbito deportivo, estiveron na xornada Esther Martínez, exdeportista e experta en igualdade de xénero en deporte; Mari Cruz Seco, adestradora do Club Piragüismo Vilaboa; Agustín Afasto, representante da Asociación Minusválidos Físicos de Vigo de baloncesto; Juan Antonio Segura, director do Consorcio de Entidades para a Acción Integral con Migrantes (CEPAIM), ou Mercé Barrientos, presidenta de Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudega).

VISITA A TUI

Durante a súa visita á provincia de Pontevedra, o presidente do CSD inaugurou as obras de mellora do Centro Especializado en Tecnificación Deportiva (CETD) en Remo e Piragüismo do municipio de Tui, que contaron cunha subvención do CSD de 600.000 (599.863,23) euros.

Dita cantidade destinouse á ampliación e reforma do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, sede do Club Kaiak Tudense, encargado de organizar anualmente o Descenso Internacional do Miño.

Franco celebrou “poder comprobar in situ que a segunda gran revolución do deporte está a chegar a todos os recunchos de España, a través das axudas do CSD a corporacións locais” para que poidan contar con instalacións atractivas que “incentiven aos seus veciños a priorizar o seu benestar e a súa saúde”.

O secretario de Estado para o Deporte tamén destacou que a renovación deste centro especializado “impulsará a celebración de novas competicións de carácter internacional, o que contribuirá ao fomento do turismo, á creación de emprego e ao desenvolvemento da economía local“, reforzando así mesmo a aposta de Galicia por ser un destino crave na preparación dos deportistas e seleccións nacionais.

AXUDAS A GALICIA

Ata o momento, a Comunidade Autónoma de Galicia recibiu un total de 4,3 millóns de euros procedentes do Compoñente 26 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, destinado ao fomento do sector deportivo.

Desta cantidade, case 2.750.000 euros están dirixidos á modernización e adaptación ecolóxica das instalacións deportivas galegas; outros 1.134.000 euros forman parte do Plan Social, destinados a impulsar a igualdade de xénero e a inclusión das persoas con discapacidade no deporte; e 442.350 euros dedicáronse á dixitalización do ecosistema deportivo, como solucións tecnolóxicas para mellorar a accesibilidade a sistemas de saúde e deporte.

ÚLTIMAS

Consternación e pesar polo falecemento dun corredor de Nigrán no Trail dos Indios en Boiro

Miguel Álvarez Quiroga, un membro destacado da comunidade do deporte de montaña en Galicia,...

Sindicato CSIF esixe revisar o caso da canguesa desaparecida no oceanofráfico ‘García del Cid’ hai un ano

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) solicitou ao Consello Superior de Investigacións...

A Xunta creará un centro de acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción no Porriño

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou a autorización, por parte do Consello da...

Detido tras tentar atracar unha farmacia na Avenida da Florida e mostrar unha nota manuscrita aos empregados con ameazas de morte

A Policía Local de Vigo confirmou a detención dun home de 41 anos de idade, J.R.L.G.,...