InicioDeportesA ponteareá Melania Rodríguez, ouro en dobre mini tramp nos Xogos Mundiais...

A ponteareá Melania Rodríguez, ouro en dobre mini tramp nos Xogos Mundiais de Birmingham

"Para nós e un orgullo contar con deportistas de tan alto nivel que levan o nome de Ponteareas por todo o mundo", salienta o Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xinmasta ponteareá Melania Rodríguez vén de conseguir a medalla de ouro na categoría de dobre mini tramp nos Xogos Mundiais de Birmingham 2022. A deportista, integrante do Club Ximnasia Burgas, subiu ao máis alto do podio do Legacy Arena tras superar na final á neozelandesa Bronwyn Dibb e á sueca Lina Sjoeberg.

O concelleiro de Deportes de Ponteareas, Miguel Bouzó, felicitou en nome de todo o Goberno local á ximnasta. A pesar do altísimo nivel do resto de participantes durante toda a competición, a ponteareá acadou uns grandes resultados que reflicten “o enorme traballo diario que hai detrás de todas e todos os deportistas de alto nivel, que se esforzan en cada adestramento e en cada competición para superar todos os límites”.

Para nós e un orgullo contar con deportistas de tan alto nivel que levan o nome de Ponteareas por todo o mundo”, salienta o edil. Rodríguez acadou o ouro tras executar de forma moi limpa un salto con pirueta barani en prancha de entrada e mortal pirueta en prancha de saída, co que conseguiu os 26,600 puntos necesarios para facerse co máximo metal.

ÚLTIMAS

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...

Vigo convértese en epicentro da oncoloxía de precisión con máis de 40 expertos de toda España

A cidade de Vigo acollerá este mes o VIII Simposio Nacional de Oncoloxía de...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...