InicioDeportesO Celta afirma que está "obrigado" a readmitir a Santi Mina, condenado...

O Celta afirma que está “obrigado” a readmitir a Santi Mina, condenado por abuso sexual

O club non especifica os motivos que lle obrigan a esta readmisión e lamenta o "movemento do xogador encamiñado a danar ao RC Celta".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Celta confirmou este luns que se ve “obrigado” a reincorporar aos seus adestramentos ao dianteiro Santi Mina, que estaba apartado da disciplina do club desde principios do pasado mes de abril tras ser condenado a catro anos de cárcere por abuso sexual.

“O RC Celta recibiu nas últimas horas unha comunicación oficial relacionada coa situación do xogador Santiago Mina. A través dun burofax esixe a súa incorporación inmediata aos adestramentos do equipo, polo que neste caso o club vese obrigado a asumir a presenza do xogador desde este momento nas sesións de preparación dentro dos horarios estipulados cos seus compañeiros”, sinalou o club.

O conxunto vigués non especifica os motivos que lle obrigan a esta readmisión, pero segundo o avogado laboralista Fabián Valero, en declaracións a ‘La Voz de Galicia’, débese a que non rescindiu o contrato do dianteiro, en vigor ata 2024, cando debía facelo e agora este alega ‘falta de ocupación efectiva’.

“O RC Celta reservase o seu dereito de reclamar, se a sentenza devén firme, todos os danos e prexuízos ocasionados polo comportamento do xogador á entidade tanto económicos como de imaxe do club, respectando a día de hoxe o seu dereito a recurso”, engadiu o equipo que preside Carlos Mouriño.

Ademais, a entidade celeste destacou que o atacante, “dada a situación xudicial que xerou e que dana a imaxe deste club, rexeitou unha oferta para xogar nun equipo doutra liga“, e asegurou que “nunca se deixará presionar por ningún traballador que busque os seus intereses particulares”, mostrando a súa “sorpresa por este movemento do xogador encamiñado a danar ao RC Celta, que desde a sentenza xudicial obrou conforme aos valores deste club e da súa afección e aos que non renunciará baixo ningún concepto”.

ÚLTIMAS

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...