InicioCulturaA rapazada de Tui convivirá dous días na Aloiada 2022 polo "coidado...

A rapazada de Tui convivirá dous días na Aloiada 2022 polo “coidado ao medio ambiente”

O Concello de Tui vai contratar dúas persoas ao abeiro do programa “Primeira experiencia profesional” da Deputación de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 120 alumnos e alumnas de 6º de Primaria e unha trintena de profesores e profesoras de seis centros educativos de Tui van participar na Aloiada 2022 este xoves 16 e este venres 17 de xuño. Trátase dun proxecto de actividades na natureza que tras dous anos de ausencia debido á pandemia volve celebrarse esta semana.

A presentación desta actividade tivo lugar este martes na casa do concello por parte de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino; Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; e as direccións e profesorado de colexios da contorna. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que é “moi importante concienciar o alumnado no respecto e coidado do medio ambiente”; e a concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, amosou tamén a súa satisfacción por celebrar a Aloiada con dous días de “unión e de crear sinerxías entre o alumnado e o profesorado”. 

Como novidades este ano, a rapazada non quedará a durmir, mais incorporarase un taller de Slack Line co grupo Scouts Alhoia. O xoves, no Galiñeiro, o alumnado realizará obradoiros de escalada, rappel, primeiros auxilios, nós, orientación e unha andaina. Xa o venres terán unha xornada de sendeirismo con rutas polo Parque Natural do Monte Aloia, percorrerán a senda dos muíños do Tripes, xantarán no Penedo, e pola tarde practicarán piragüismo.

PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL

Noutra orde de cousas, o Concello de Tui vai proceder á contratación de dúas persoas ao abeiro do programa ‘Primeira experiencia profesional’ da Deputación de Pontevedra. Será unha persoa coa titulación de xornalismo e outra coa diplomatura en biblioteconomía ou grao en información e documentación.

As persoas interesadas en participar no proceso de selección para a contratación formativa destas dúas persoas deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego, xa que a preselección se realizará a través desta oficina. Os códigos de ocupación nos que deben estar inscritas é o 29.221.044 para xornalismo, e o 291.21.018 para biblioteconomía.

A duración do contrato formativo será de 6 meses prorrogables outros 6. As bases completes poden consultarse en www.tui.gal.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...