InicioDeportesKeltoi Vigo procámase campión do Torneo All-Galicia de fútbol gaélico

Keltoi Vigo procámase campión do Torneo All-Galicia de fútbol gaélico

O conxunto desprazarase a Valencia a próxima fin de semana para participar por primeira vez no Torneo Ibérico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Keltoi Vigo vén de proclamarse campión do Torneo All-Galicia de fútbol gaélico, a segunda competición en importancia do deporte en Galicia.   

Na Final Four, celebrada en Ourense, o club vigués gañou ao conxunto coruñes de Fillos de Breogán na semifinal, para logo enfrentarse na final a Herdeirxs De Dhais F.G. Tratouse, explican nun comunicado, dun partido “moi intenso e cheo de emoción” que se decidiu por un só punto.

Esta copa é o segundo titulo senior acadado polo conxunto, que se desprazará a Valencia a próxima fin de semana para participar por primeira vez no Torneo Ibérico, onde espera dar a sorpresa ante os mellores equipos da península ibérica.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...