InicioDeportesO Keltoi de Vigo gaña a I Copa da Asociación de Fútbol...

O Keltoi de Vigo gaña a I Copa da Asociación de Fútbol Gaélico

Impúxose na final ao Fillos de Breogán no campo de Pino de Val, en Mazaricos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A I Copa da Asociación de Fútbol Gaélico celebrouse este sábado en Mazaricos coa vitoria final do Keltoi, procedente de Vigo, sobre o equipo Fillos de Breogán, da Coruña, na final celebrada no campo de fútbol de Pino de Val.

Na Copa, organizada polo Mazaricos CF en colaboración co Concello, tomaron parte os Fillos de Breogán, Estrela Vermelha, Keltoi, Lume de Beltane, Cambados, Auriense e un combinado formado por xogadores do Irmandinhos e Herdeiros de Dhais. 

O concelleiro de Deportes, Jorge Villar, agradeceu a súa implicación aos equipos participantes e manifestou que “foi unha xornada moi agradable na que demos a coñecer un equipo distinto”.

O edil adiantou que con esta copa veñen de asentarse as bases para desenvolver unha afección propia para este deporte en Mazaricos. Pola súa banda, o alcalde, Juan Blanco, agradeceu tamén a presenza de todos os equipos participantes e saudou iniciativas coma esta “que diversifican o mundo do deporte mazaricán”.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...