InicioDeportesO Eixo Atlántico abre inscricións para o 'Gran Premio do Atletismo' en...

O Eixo Atlántico abre inscricións para o ‘Gran Premio do Atletismo’ en Maia

Terá lugar o próximo 5 de decembro na cidade portuguesas de Maia ás 10h00 (hora local, 11h00 hora galega).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Eixo Atlántico e o Concello de Maia, en Portugal, anuncian a celebración dos XIV Jogos do Eixo Atlântico -que a cidade de Maia acollerá en 2022-, coa realización do ‘Gran Premio de Atletismo do Eixo Atlântico‘ o próximo día 5 de decembro, ás 10h00 (hora local, 11h00 hora galega).

Creados en 1995, os Xogos (Jogos) do Eixo Atlántico buscan a promoción
do deporte, a convivencia entre a mocidade e o mellor coñecemento
entre a cidadanía das dúas rexións. Celébranse con carácter bienal e constitúen un evento deportivo transfronteirizo único en Europa, cunha participación de entre 1500 a 2000 participantes, menores de 16 anos, das cidades que forman parte da entidade.

A proba consiste nunha carreira 10 km co fondo da cidade de Maia, un dos municipios máis avanzados de Portugal, cun papel fundamental na industria, innovación, novas tecnoloxías e no deporte. Este evento conta coa organización técnica de Eventsport, co apoio do Concello de Maia, o POCTEP, a Asociación de Atletismo de Porto e o Consello Rexional de Arbitraxe da AAP.

PERCORRIDO

O percorrido do Gran Premio de Atletismo Eixo Atlántico é totalmente urbano, realízase en dúas voltas, e a saída e a meta sitúanse fronte ao Concello de Maia. Segundo indica o Eixo Atlántico, na carreira poden participar atletas tanto federados como non federados, de ambos os sexos e seguindo uns determinados chanzos de idade:

Júnior / Sénior masculinos e femininos (Dos 18 aos 34 anos).
VEC 35 – Veteranos masculinos e femininos (Dos 35 aos 39 anos)
VEC 40 – Veteranos masculinos e femininos (Dos 40 aos 44 anos)
VEC 45 – Veteranos masculinos e femininos (Dos 45 aos 49 anos)
VEC 50 – Veteranos masculinos e femininos (Dos 50 aos 54 anos)
VEC 55 – Veteranos masculinos e femininos (Dos 55 aos 59 anos)
VEC 60 – Veteranos masculinos e femininos (Dos 60 aos 65 anos)
VEC 65 – Veteranos masculinos e femininos (Dos 65 anos en diante)

Percorrido do ‘Gran Premio do Atletismo Eixo Atlántico’

PREMIOS

Todos os participantes da Carreira de 10 Km que crucen a liña de chegada de forma legal e que estean regularmente inscritos recibirán unha medalla pola súa participación. Os premios individuais (Trofeos) son atribuídos aos 3 primeiros clasificados de cada chanzo de idade; e os tres mellores equipos
tamén serán premiadas cun trofeo. Levará tamén galardón aquel equipo que sexa máis numeroso. As incripcións poden realizarse na web https://gpaeixoatlantico.eventsport.net/.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...