InicioDeportesA selección galega de balonmán enfróntase á da República Dominicana este xoves...

A selección galega de balonmán enfróntase á da República Dominicana este xoves en Bueu

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Selección Galega Absoluta e a Selección da República Dominicana disputarán este
xoves un partido amigable de balonmán a partir das 20.30 horas no Pavillón Municipal
Pablo Herbello de Bueu.

O acto de presentación tivo lugar este mércores ao mediodía na Sala Amalia Domínguez Búa, coa presenza de Manolo Otero, concelleiro de deportes, José Luis Pérez Ouro, presidente da Federación Galega de Balonmán, José Ramón Martínez, directivo do Bueu Atlético Balonmán, Irene Vilaboa, adestradora do club bueués, e os xogadores Juan Quintas e Edu Moledo.

Pérez Ouro salientou que esta iniciativa forma parte dunha ruta que se vai realizar por
outros concellos galegos como Tui e Lalín. No caso de Bueu, a entrada será de balde e
están convocados a xogar Duarte Batán Rodríguez, do BM Torrelavega, Jorge
Villamarín López, de DS Autos Gomas Sinfin, Borja Méndez Pan, de Helvetia
Anaitasuna, Miguel Simón Loureiro, Andrés Sánchez e Pablo Gayoso, de Cisne Colegio
Los Sauces, Manuel Martínez Vicente, Germán Hermida Núñez, Iago Muiña García,
Adrián Boullosa Martínez, Paulo Dacosta e Flores, de Acanor At. Novás, Alexandre
Dacosta, Román Pedreira, de Embutidos Lalinense BM Lalín, Juan C. Quintas Aller, de
Condes de Albarei Teucro, Carlos García Freijeiro e Eduardo Moledo Touriño.

Manolo Otero, concelleiro de deportes, manifestou o orgullo por colaborar nestes
eventos nos que “sempre se cimenta o balonmán de base”. José Ramón Martínez
destacou que “estas actividades empuxan a seguir medrando e a dar a coñecer este
deporte”.

Por outra banda, continuando coa promoción do balonmán praia, o 24 e 25 de xullo
disputaranse na Banda do Río as finais do Campionato Galego de Balonmán Praia, de
entre as que sairán os clasificados para o campionato estatal.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...