InicioSociedadeO Marisquiño confirma o seu regreso este verán cunha edición adaptada á...

O Marisquiño confirma o seu regreso este verán cunha edición adaptada á Covid

A situación do momento en que se celebre determinará a localización das diferentes probas e actividades do evento, a súa estrutura, a mobilidade e o seu contido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival do Marisquiño confirma o seu compromiso de regresar en 2021. Tras a reunión mantida este mércores coa Autoridade Portuaria, proseguen os acordos coas Institucións Públicas patrocinadoras do evento ao redor dunha edición especial cuxa prioridade será a de garantir a seguridade sanitaria e do persoal do público, deportistas e traballadores.

Así pois, segundo informan, o Festival adoptará todas as medidas necesarias para a súa celebración en función da evolución da pandemia, así como da situación das obras iniciadas nas Avenidas para o que manterá reunións técnicas co Porto de Vigo. A situación do momento en que se celebre determinará a localización das diferentes probas e actividades do evento, a súa estrutura, a mobilidade e o seu contido. Para iso, “está a traballarse en todos os escenarios posibles, desde o máis restritivo -sen público- ata un máis flexible que permita a súa asistencia segundo marque a lexislación do momento sobre aforamentos e accesibilidade seguras”; indican.

A intención da organización é manter a titularidade do tres Copas do Mundo que se celebran cada verán -Skate, Dirt Jump e Basket-, ademais da proba de Bmx Freestyle que, por primeira vez, se incorpora como disciplina olímpica en Tokyo 2021 xunto o Skate e o Basket 3×3.

Ata a data, o Festival chegou a acordos co Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, Zona Franca e Autoridade Portuaria que ratifican o seu apoio ao evento, mais informan de que se segue “á espera da resposta da Xunta de Galicia” para completar a implicación das cinco institucións públicas que patrocinan o Festival.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...