InicioDeportesEstes poderían ser os substitutos de Escribá no Celta

Estes poderían ser os substitutos de Escribá no Celta

Tras o cese de Escribá soan xa tres nomes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Celta de Vigo anunciou na noite de domingo a destitución de Fran Escribá como adestrador do primeiro equipo, despois de que o seu equipo encadease ante o Xetafe a súa cuarta derrota consecutiva que o mantén en postos de descenso directo.

O club vigués busca xa un substituto que podería anunciarse nos vindeiros días. De feito, nos últimos días xa se mantiveron contactos con Javi Gracia, Abelardo e Eusebio Sancristán, o último adestrador en entrar na terna de candidatos para suplir a Fran Escribá.

No seu comunicado, o club desexa transmitir o seu “máis sincero agradecemento” tanto ao adestrador valenciano como aos seus colaboradores polo seu “traballo, profesionalidade e esforzo” demostrado durante a súa etapa no club, e deséxalle “o maior dos éxitos” no futuro, tanto no profesional como no persoal.

Escribá chegou o pasado mes de marzo para substituír ao portugués Miguel Cardoso, e ampliou o seu contrato até xuño de 2020 despois de conseguir a permanencia do Celta na máxima categoría. É cesado na duodécima xornada, despois de que o seu equipo sumase tan só nove puntos.

ÚLTIMAS

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...

Stellantis Vigo prorroga o ERTE para 2026 con división sindical

A dirección da factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis e sindicatos asinaron este venres...

A Policía alerta dunha vaga de ciberestafas con criptomoedas en Vigo e Redondela: vítimas con perdas de ata 2 millóns

A Policía Nacional alertou sobre o aumento de ciberestafas relacionadas co investimento en criptomoedas...