InicioDeportesSe Aspas non carbura, o Celta tampouco

Se Aspas non carbura, o Celta tampouco

PUBLICADO O

- Advertisement -

O internacional español Iago Aspas, que onte á noite completou o partido que enfrontou o seu equipo, o Celta, ao Espanyol (1-1) no estadio de Balaídos, e acumula xa 538 minutos sen marcar en Liga, no que é o seu segundo peor arranque goleador desde que regresou a Vigo no verán de 2015.

Ao dianteiro galego, máximo goleador do Estado nas últimas tres tempadas, adóitalle custar marcar o seu primeiro gol en LaLiga, como demostra o dato de que neses últimos tres campionatos nunca marcou nas dúas primeiras xornadas.

O pasado curso estreouse como goleador ante o Atlético de Madrid na terceira xornada; e hai dúas tempadas o seu primeiro tanto non chegou até o oitavo partido ligueiro, cando cun triplete ante a UD As Palmas rompeu unha seca goleadora de 630 minutos.

Un ano antes, na campaña 2016-17, na que os celestes acabarían xogando as semifinais da Europa League, Iago Aspas marcou o seu primeiro gol no campionato nacional, de penalti ante o Sporting de Xixón,na xornada cinco.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...