InicioDeportesDous detidos por lanzar bengalas á multitude nun partido de fútbol en...

Dous detidos por lanzar bengalas á multitude nun partido de fútbol en Balaídos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous homes de 20 e 45 anos residentes en Vigo foron detidos nesta cidade por supostamente lanzar bengalas durante un partido de fútbol entre o R.C. Celta e o Rayo Vallecano celebrado o pasado 18 de maio no estadio de Balaídos.

Segundo a Policía Nacional, os feitos tiveron lugar cando varios afeccionados comezaron a tirar botes de fume mentres varios miles de persoas permanecían fóra do estadio á espera de que se lles permitise entrar.

Nese momento, escoitouse un estrondo e dúas bengalas saíron disparadas entre a multitude. Unha delas impactou contra a fachada exterior do estadio e rebotou para, a continuación, percorrer 60 metros en dirección á multitude, aínda que ningunha persoa resultou ferida.

Mentres, a segunda bengala atravesou unha xanela dun edificio próximo, danou os mobles e paredes dun salón e causou un incendio no interior da vivenda.

Tras a realización dunha investigación, indentificouse os presuntos autores e foron detidos por un suposto delito de risco e danos. Ademais, foron transportados á Comisaría de Vigo para tomarlles declaración e trasladouse o ocorrido ao Xulgado de Instrución en funcións de garda.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...