InicioDeportesCelta-Depor: O derbi máis soso dos últimos anos

Celta-Depor: O derbi máis soso dos últimos anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Celta de Vigo e Deportivo da Coruña empataron este sábado a un en Balaídos nun partido no que faltou o fútbol e sobraron entradas duras. O do derbi quedou niso, no nome, porque foi un dos derbis máis pobres dos últimos anos, quizais, porque ningún dos dous equipos se xogaba xa nada.

A primeira parte foi claramente celeste, mentres que a segunda dominou o Deporivo. De feito, o equipo vigués puido deixar o partido sentenciado na primeira metade pero non estivo acertado nas contras.

O Celta adiantouse no minuto 13 logo dunha acción na que Pione puxo un centro que rematou Maxi Gómez, logo dunha moi mala saída de Rubén. Pouco despois puido chegar o segundo, pero desta volta Rubén estivo máis fino e apañou o tiro de Maxi.

Seareiros do Celta abandonan o estadio de Balaídos logo do derbi co Deportivo da Coruña

Logo do descanso, Clarence Seedorf deixou no vestiario a Emre Çolak para dar entrada ao uruguaio Fede Valverde. E comezou outro partido, máis duro e máis do Deportivo. Maxi Gómez tivo que deixar o terreo de xogo despois dunha dura entrada de Schär. No seu lugar entraría Lucas Boyé.

GOL ANULADO

No minuto 70 o colexiado invalidou un gol de Sisto. O partido ía a menos. Unzué retirou a Brais Méndez para dar entrada ao Tucu, e case sobre o tempo tívose que retirar Wass lesionado, entrando no seu lugar Roncaglia. Xusto despois chegaba o gol do empate, obra de Lucas Pérez.

O gol serviu para que o Deportivo saíra de Balaídos con certa honra. Agora haberá que agardar, cando menos, un ano para ver outro derbi en primeira. Iso, sempre e cando, os de Coruña suban de categoría.

ÚLTIMAS

Caballero estala contra o BNG tras aprobar a folga xeral en Vigo: “Vostede é de Putin, a democracia para vostede non existe”

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG de...

Guerra entre o Concello de Vigo e o PP polos concertos de Castrelos: Caballero impón a súa presenza no escenario?

O goberno municipal de Vigo acusou este luns a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra...

Alerta en Vigo polo envío de correos electrónicos fraudulentos que suplantan á Policía Local

O Concello de Vigo alertou da circulación de correos electrónicos fraudulentos nos que se...

Vigo esixe á Xunta compensacións xustas para máis de 400 propietarios afectados polos plans de vivenda

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns por unanimidade unha moción do...