InicioDeportesVigo elixirá entre 19 propostas a estatua de Iago Aspas, que custará...

Vigo elixirá entre 19 propostas a estatua de Iago Aspas, que custará 280.000 euros

A escultura, de bronce e 1,76 metros de altura, instalarase entre as bancadas de Tribuna e Marcador e estará lista, segundo avanza Abel Caballero, na próxima primavera.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xurado do concurso de ideas para o deseño e realización dunha estatua do futbolista Iago Aspas en Vigo constituíuse este venres e terá que elixir entre 19 propostas recibidas, segundo informou o alcalde, Abel Caballero. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor lembrou que a idea gañadora recibirá un premio de 9.000 euros, mentres que a segunda e terceira opción serán premiadas con 4.000 e 2.000 euros, respectivamente. A isto súmase o custo da propia estatua, 200.000 euros, e o do transporte, outros 80.000 euros.

TRES MESES PARA EXECUTAR A OBRA

Unha vez elixida a proposta gañadora, formalizarase o contrato e haberá tres meses para executar a actuación. O Concello encargarase posteriormente de instalar a estatua na esquina entre as bancadas de Tribuna e Marcador. Do xurado forman parte o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez; a xefa da área de Contratación; Jonathan Aspas; o director de Infraestruturas do Celta, Carlos Cao; os responsables das áreas municipais de Servizos Xerais, Patrimonio Histórico e Museos; e a coordinadora de exposicións do Museo MARCO, Pilar Souto. Abel Caballero avanzou que a escultura, que deberá realizarse en bronce artístico e medir 1,76 metros, estará instalada na próxima primavera.

 

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...