InicioSociedadeO descenso urbano de O Marisquiño volverá atravesar o casco vello de...

O descenso urbano de O Marisquiño volverá atravesar o casco vello de Vigo desde O Castro ata A Laxe

A espectacular proba terá un percorrido dun quilómetro, 135 metros de desnivel e unha pendente media do 13,5 %.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización de O Marisquiño ultima a montaxe do seu descenso urbano, que volverá partir desde o alto do monte do Castro para rematar na zona da Laxe, atravesando boa parte do casco vello de Vigo. Este martes, o alcalde, Abel Caballero, e o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, visitaron os traballos de preparación do chamado MTB Downtown, unha das probas máis espectaculares do festival de deporte urbano. Na visita estiveron acompañados polo director do evento, Carlos Domínguez “Pity”.

UN PERCORRIDO POLO CORAZÓN DA CIDADE

O descenso atravesará as ladeiras do Castro e as súas escaleiras, cruzará a praza do Rei e o Paseo de Alfonso XII e continuará por Elduayen, Caracol e Méndez Núñez. Desde aí, os participantes pasarán pola Colexiata e pola Pedra antes de afrontar a pasarela da Laxe, situada a máis de 17 metros de altura. O percorrido terá arredor de 1.000 metros, cun desnivel acumulado de 135 metros e unha pendente media do 13,5 %.

“É UN QUILÓMETRO INFERNAL”

Abel Caballero destacou a dureza e a espectacularidade da proba. “É un quilómetro infernal. Ver isto alí impresiona, polas ramplas, os desniveis e as escaleiras polas que descenden os participantes”, afirmou. O rexedor convidou a veciñanza viguesa a achegarse aos distintos puntos habilitados ao longo do trazado para seguir o espectáculo. A proba celebrarase o vindeiro sábado 8 de agosto.

ÚLTIMAS

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...

Vigo entra en alerta polo nivel de Eiras: Caballero esixe á Xunta reducir o caudal ecolóxico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu advertir sobre o baixo nivel do encoro...

Vigo súmase ás acampadas pola vivenda cunha protesta “indefinida” na Alameda

Unha vintena de persoas sumáronse nas últimas horas en Vigo ás acampadas pola vivenda...

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...