InicioDeportesO descenso máis vertixinoso do Marisquiño volverá atravesar o corazón de Vigo...

O descenso máis vertixinoso do Marisquiño volverá atravesar o corazón de Vigo o 8 de agosto

O MTB Downtown celebrarase o 8 de agosto cun percorrido dun quilómetro desde a fortaleza do Castro ata A Laxe, con 135 metros de desnivel polo Casco Vello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Casco Vello de Vigo acollerá o 8 de agosto o MTB Downtown, a proba estrela do Festival O Marisquiño, que sairá da fortaleza do monte do Castro e rematará no Centro Comercial A Laxe. Esta proba de descenso urbano foi presentada este martes nun acto coa presenza do alcalde, Abel Caballero; do delegado da Zona Franca, David Regades; do director do festival, Joako Ezpeleta; do responsable do MTB Downtown, Guillermo Janeiro; e do director xeral de Óptima Global Services, Javier Alcalde.

“Poucas competicións explican tan ben o espírito de O Marisquiño como o MTB Downtown, pola súa conexión entre o deporte extremo de máximo nivel e o corazón da cidade de Vigo”, sinalou Joako Ezpeleta, que describiu este descenso como “unha das probas máis icónicas do festival, seguida cada ano desde numerosos puntos do mundo”. Como en cada edición, o MTB Downtown 2026 reunirá en Vigo algúns dos mellores especialistas nacionais e internacionais desta disciplina, nas categorías masculina e feminina.

O formato será individual e contrarreloxo: os participantes sairán de forma independente e deberán completar o percorrido buscando o mellor tempo. O circuíto ten un quilómetro de lonxitude e 135 metros de desnivel. A proba partirá do contorno da fortaleza do Castro, desde onde os riders iniciarán un vertixinoso descenso por un percorrido que atravesará as ladeiras do monte do Castro, pasando polo Monumento aos Galeóns de Rande e baixando a escalinata. Continuará cara á Praza do Rei, sede do Concello de Vigo, e enlazará co Paseo de Alfonso XII, xunto ao miradoiro da Oliveira.

Desde ese punto, a proba internarase no Casco Vello pola rúa Elduayen e descenderá polas rúas Caracol e Méndez Núñez, antes de pasar pola Praza da Igrexa e pola Praza da Pedra. No tramo final, os riders atravesarán a espectacular pasarela que conecta o Casco Vello coas terrazas superiores de A Laxe, situada a máis de 17 metros de altura sobre a rúa. O percorrido continuará por esa mesma pasarela, que baixa entre os dous inmobles do centro ata o nivel do mar, cunha última curva de 180 graos a poucos metros do arco de meta.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...