InicioDeportesPersoas con discapacidade física, sensorial ou intelectual participarán esta sábado nunha regata...

Persoas con discapacidade física, sensorial ou intelectual participarán esta sábado nunha regata inclusiva

Un total de 60 persoas estarán acompañadas polos paralímpicos galegos Araceli Menduiña, do equipo español de piragüismo; e Juan Ferrón, do equipo español de natación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 60 persoas con discapacidade física, sensorial ou intelectual participan este sábado en Vigo na cuarta edición de ‘Vigo a Vela’, única regata inclusiva en España de barcos de vela cruceiro, que busca sensibilizar da plena inclusión das persoas con discapacidade a través do deporte. Os participantes pertencen a máis de 11 entidades, como a Fundación ONCE, Discamino, Celta Integra, HC San Rafael, Asem Galicia, Aceesca, Fundación Menela, Andaina, San Xerome, Juan María ou EVD Galicia, entre outras.

As embarcacións sairán ás 10.00 horas deste sábado da dársena deportiva do Real Club Náutico de Vigo para percorrer unha distancia de 15 millas bordeando a costa, durante aproximadamente dúas horas e media. A bordo de 11 barcos de Vela Cruceiro, de propietarios particulares voluntarios, as 60 persoas estarán acompañadas polos paralímpicos galegos Araceli Menduiña, do equipo español de piragüismo; e Juan Ferrón, do equipo español de natación; ademais dos patróns das embarcacións e de voluntarios das entidades.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...