InicioDeportes400 persoas conquistan as montañas da Guarda no 5º Trail Santa Trega

400 persoas conquistan as montañas da Guarda no 5º Trail Santa Trega

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Guarda acolleu o pasado domingo día 25 de novembro a quinta edición do evento deportivo «Trail do Trega», que este ano contou con dúas modalidades de competición, a proba «Mergelina 10k» e «Castros Celtas 18k», cun desnivel acumulado de cada unha delas de 650 e 1100 metros respectivamente, ademáis dunha andaina non competitiva.

Para o Alcalde da Guarda este tipo de probas son hoxe en día un importante pulo deportivo, contando con moita implicación e participación, “sendo o monte Santa Trega un espazo natural incomparable para a práctica deste deporte”, subliña.

Máis de 400 deportistas toman o Santa Trega/ Concello da Guarda

Esta quinta edición, que contou coa participación de máis de 400 persoas, 100 delas de nacionalidade portuguesa, contou ademáis coa presenza de importantes atletas participantes no Campionato Galego de Trial e mesmo na Copa do Mundo de Trial.

Máis de 400 deportistas toman o Santa Trega/ Concello da Guarda

Os participantes das probas saíron dende a Alameda da Guarda, sendo a saída da Andaina ás 9:30h, do Trial «Castros Celtas 18k» ás 10:00h e do«Mergelina 12k» ás 10:30h. A proba «Mergelina 10k» fai referencia ao poboado castrexo de Mergelina, que se ven de por en valor recentemente coas obras de consolidación deste xacemento arqueolóxico.

Nesta modalidade os deportistas tiveron unha proba máis enfocada a novatos, cun percorrido de 12km de distancia, ideal para iniciarse no mundo do Trail e que contou coa participación dun total de 116 participantes, resultando gañadores en masculino Josué Moreno Lira e en feminino Natalia Leal Ferradas.

Máis de 400 deportistas toman o Santa Trega/ Concello da Guarda

A proba «Castos Celtas 18k» contempla un percorrido cun total de 18km de distancia onde os atletas participantes tiveron que avanzar cun percorrido moito máis técnico para deportistas máis experimentados e con zonas máis complicadas, contando coa participación dun total de 166 persoas, resultando gañadores Emilio Montilla Fernández na categoría masculina e María Ferreiro Pérez na categoría feminina.

A maiores realizouse unha andaina non competitiva de 12km de distancia cun percorrido de dificultade fácil e para todos os públicos e que congregou a máis dunha trintena de persoas. Esta proba estivo organizada por Qualité Sport en colaboración co Concello da Guarda, e as Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...