InicioDeportesUn catedrático da UVigo presenta o libro que responde se é mellor...

Un catedrático da UVigo presenta o libro que responde se é mellor CR7 ou Messi a través da estatística

"Los números del gol", de Carlos Lago, dirixido a adestradores e preparadores, baséase na análise de datos para respostar preguntas futbolísticas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“En que aspectos do xogo é mellor Cristiano Ronaldo que Messi? Córrese menos cando se disputan dous partidos á semana? Como inflúe firmar un novo contrato no rendemento dos xogadores?”.

Estas son tres das preguntas que abren os diferentes capítulos de “Los números del gol”, o libro que Carlos Lago, catedrático da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo, realizou xunto co investigador da Universidad Politécnica de Madrid Miguel Ángel Rómez Ruano.

Cristiano Ronaldo/ Liga Santander

Cuestións que serven aos autores como exemplos prácticos de diferentes ámbitos nos que a análise de datos pode converterse nunha ferramenta de apoio na toma de decisións por parte dos equipos técnicos.

“O obxectivo é trasladar dunha forma moi accesible e moi comprensible algúns fundamentos de estatística baseados en conceptos reais”, explica Lago dun manual que busca amosar como a aplicación de diferentes técnicas de análise de datos poden converter unha serie de cifras en información útil para “tomar mellores decisións”.

Clásico Madrid-Barça/ Liga Santander

Dirixido tanto a adestradores ou preparadores físicos como a estudantes ou titulados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, “Los números del gol” tenta axudar a tomar decisións no fútbol a partir da análise de datos.

Aborda aspectos como aprender a deseñar perfís de rendemento, para que se pode utilizar un coeficiente de variación, para que serven os cuartís… Mais sempre, engade Lago, co propósito de “tratar de saber que problemas podo resolver ou que información podo obter con cada técnica”.

Lionel Messi/ Liga Santander

Con esa idea, os autores mantiveron en cada capítulo unha estrutura que parte primeiro dunha pregunta referida a un “exemplo moi práctico”, para logo abordar “de forma moi didáctica que técnica hai que utilizar, como e por que”.

A análise de datos, un campo con futuro

“A cantidade de información que pode manexar hoxe en día un técnico é extraordinaria”, sinala Lago, que incide en como o uso de dispositivos de recollida de datos como GPS ou pulsómetros, sumados “a que hai tamén moitas empresas que ofrecen datos de rendemento técnico e táctico”, aumentaron en gran medida o volume de datos que poden ter á súa disposición os equipos técnicos.

Cristiano Ronaldo/ Liga Santander

Datos que fan necesario “dominar unhas técnicas que permitan a súa interpretación”, como destaca Lago, que incide nese senso en que a análise de datos aplicada a deportes como o fútbol constitúe hoxe en día “unha das vías onde máis se vai desenvolver o labor no campo profesional”.

O libro, que nas súas primeiras semanas no mercado sitúase entre os libros máis vendidos no apartado de literatura deportiva no portal Amazon España, entre os que figura tamén o anterior libro de Carlos Lago “Cortita y al pie”, constitúe así mesmo unha mostra de transferencia, un intento, sinala, de “trasladar aos técnicos, ás persoas que están a pé de céspede, os coñecementos que imos acumulando coa investigación no eido universitario”.

Clásico Madrid-Barça/ Liga Santander

De feito, as preguntas que introducen cada capítulo teñen como punto de partida diferentes investigacións desenvolvidas por Lago e Gómez Ruano, de tal xeito que o apartado final de cada capítulo céntrase en intentar dar unha resposta a esas preguntas a partires dos estudos realizados, unha vez explicada técnica de análise de datos empregada “para chegar a esas respostas”.

Así por exemplo, no apartado dirixido a amosar como realizar, nunha folla de cálculo, “perfís nos que se introduzan diferentes aspectos técnico-tácticos de ataque e defensa”, esta cuestión exemplifícase abordando, a partires da pregunta inicial, en que aspectos do xogo os datos amosan que son mellores Messi ou Cristiano Ronaldo.

Clásico Madrid-Barça/ Liga Santander

“Messi, por exemplo, ten unha porcentaxe de éxito nos lanzamentos máis alta e a súa porcentaxe de pases con éxito é tamén máis elevada, pero, non obstante, a participación de Cristiano Ronaldo en defensa é máis alta, con máis interceptacións”, explica Lago, que, non obstante subliña que, máis aló de ver “quen é mellor ou peor”, a análise de datos permite “comparar moitas facetas de xogo e isto é o que nos axudará a identificar fortalezas e debilidades concretas que poidan ser melloradas”.

Trátase, engade, de abordar “preguntas concretas do adestramento” respecto das que “tentamos dar unha ferramenta aos adestradores coa que poder transformalas nalgo computable”.

Clásico Madrid-Barça/ Liga Santander

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...