InicioDeportesTeresa Portela, a canguesa que gaña o VIII Premio Executivas de Galicia...

Teresa Portela, a canguesa que gaña o VIII Premio Executivas de Galicia por tres décadas adicadas ao piragüismo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A piragüista Teresa Portela foi a elixida para recibir o VIII Premio Executivas de Galicia, que se entregará en próximo 17 de xaneiro en Pontevedra. Segundo comunicou a Asociación Executivas de Galicia, trátase dun recoñecemento á súa “destacada traxectoria” no ámbito do piragüismo.

“Esta edición busca resaltar o papel da muller no ámbito deportivo, especialmente no piragüismo, onde a presenza feminina foi historicamente subestimada“, comunicou a asociación. A piragüista canguesa dedicou tres décadas á súa carreira deportiva, anos que Executivas de Galicia valorou como “sobresalientes”. Destacaron tamén que se trata da “primeira muller española en participar en seis Xogos Olímpicos”, dos cales conseguiu a medalla de prata nos Xogos de Tokyo 2021.

Ademais, a asociación tamén subliñou a súa formación académica, dado que Teresa Portela é graduada en Fisioterapia e completou a diplomatura de Maxisterio de Educación Física. Desta forma, Portela únese ás galardoadas en edicións anteriores, entre as que se atopan a bióloga Marisol Soengas, a CEO Adriana Domínguez, a comunicadora Silvia Jato, a científica África González, a pianista Isabel Dobarro e a cofundadora de Aceites Abril María del Carmen Canal.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...