InicioDeportesA Deputación comprométese a reformar a bancada Gol de Balaídos pero pide...

A Deputación comprométese a reformar a bancada Gol de Balaídos pero pide diálogo ao Concello

PUBLICADO O

- Advertisement -

Deputación de Pontevedra garantiu este luns o seu apoio para a reforma da última bancada do estadio de Balaídos que queda por renovar, a bancada de Gol, aínda que pediu ao Concello diálogo para establecer un convenio “claro e transparente”, e que o terceiro axente implicado, o Real Club Celta, sexa escoitado.

Así o manifestou en rolda de prensa a vicepresidenta do organismo provincial, encargada dos asuntos de Vigo e a súa área, Marta Fernández-Tapias, quen incidiu na necesidade de que se establezan desde o principio unhas bases claras para ese proxecto, coñecer o orzamento e os prazos, “para que non ocorra o que pasou coa bancada de Marcador”.

Respecto diso, Fernández-Tapias lembrou que a Deputación e o Concello asinaron en 2015 un acordo para reforma do estadio municipal, do que tamén formaba parte o Real Club Celta. O club foi posteriormente “illado” polo Concello, despois dun convenio que acabou anulado.

A partir de aí, sinalou a vicepresidenta provincial, “todo foi unha sucesión de despropósitos, sobrecustos e prazos que non se cumpriron”. Precisamente por iso, reiterou, a Deputación espera agora que o Concello lle traslade a súa “folla de ruta” para a reforma de Gol, con orzamento e prazos concretos, e que se busque un acordo “escoitando ao Celta”.

En calquera caso, subliñou que o apoio da Deputación á reforma de Balaídos “está fóra de toda dúbida”, e expresou o seu desexo de que o feito de que sexa ela quen represente á institución provincial nesta cuestión non sexa motivo de confrontación, despois de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalase que o seu interlocutor na Deputación é o seu presidente (Luís López).

ÚLTIMAS

Vigo activa as súas catro zonas de baixas emisións: os coches sen distintivo ambiental xa non poden circular por elas

O Concello de Vigo puxo en marcha este xoves as catro zonas de baixas...

Prisión para dous dos cinco detidos tras desmantelar tres “narcopisos” en Vigo

O maxistrado da praza 4 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de...

Dous anos e tres meses de prisión para o home que atracou e feriu a unha taxista en Vigo

O home que asaltou e feriu unha taxista en Vigo aceptou dous anos e...

Cinco detidos e rexistros en tres ‘narcopisos’ nunha operación contra o tráfico de drogas en Vigo

A Policía Nacional informou de que axentes pertencentes á Udyco da Comisaría de Vigo-Redondela...