InicioDeportesA Xunta somete a información pública o proxecto de interese autonómico da...

A Xunta somete a información pública o proxecto de interese autonómico da Factoría do Deporte do Celta de Vigo

As instalacións proxectadas contarán con tres agrupacións de infraestruturas diferentes: a Cidade Deportiva Afouteza, o Centro Integral para a Capacitación da Industria do Deporte e, por último, a área de servizos Espazo Area.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este venres o acordo da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta polo que se somete a información pública o proxecto de interese autonómico da Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360 promovida polo Real Club Celta de Vigo.

A efectos previstos na normativa, este proxecto, que se situará no concello pontevedrés de Mos, someterase a información pública durante un mes, que comeza a contar desde este sábado. Segundo explica o DOG, para que calquera persoa interesada poida consultalo e, no seu caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime oportunas, o documento estará á súa disposición, en horario de atención ao público, nas oficinas da Secretaría Xeral para o Deporte e na web da Consellería de Presidencia.

As instalacións proxectadas contarán con tres agrupacións de infraestruturas diferentes: a Cidade Deportiva Afouteza, o Centro Integral para a Capacitación da Industria do Deporte e, por último, a área de servizos Espazo Area.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...