InicioCulturaO Festival de Cans vai a Bruxelas

O Festival de Cans vai a Bruxelas

Proxecta 'Rompente' e 'Tatuado nos ollos levamos ou pouso', premiados na última edición.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans continúa o seu traballo de dar a coñecer o cinema galego en circuítos internacionais, e faino coa proxección, en Bruxelas, de dúas curtametraxes premiadas na última edición do certame, ‘Rompente’, de Eloy Domínguez Serén (Can de Pedra do xurado ao Mellor Curto de Ficción) e ‘Tatuado nos ollos levamos ou pouso’, de Diana Toucedo (Can de Pedra do xurado do premio Furacáns de non ficción).

Estes dous traballos, que xa tiveron percorrido en prestixiosos festivais internacionais, poderán verse este xoves ás 19,00 horas no Cinema Aventure da capital europea. A proxección conta co apoio da Asociación Couto Mixto, e tamén servirá para dar a coñecer o documental ‘Cans, maioría de idade’, de Isaura Docampo.

As obras premiadas no Festival xa puideron verse o pasado mes de setembro en Caminha (Portugal) e, en novembro, en Lisboa. Tamén están previstas proxeccións proximamente en París, Londres ou Barcelona.

Por outra banda, a organización do certame traballa na a XX edición, que se celebrará do 16 ao 20 de maio deste ano. Así, segue aberto o prazo de envío de curtametraxes, que termina o 26 de febreiro; e entre os traballos recibidos seleccionaranse os finalistas para cada categoría.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Interceptado en Moaña tras extraer ilegalmente máis de 25 quilos de centola e nécora

A Garda Civil interceptou nunha praia de Moaña (Pontevedra) un home de 32 anos,...

Kiko Veneno fará escala en Vigo o 23 de outubro cun concerto entre clásicos e novas cancións

A xira do músico Kiko Veneno fará escala no Auditorio Mar de Vigo o...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...