InicioCulturaOs sambenitos de Tui, camiño de ser declarados Ben de Interese Cultural

Os sambenitos de Tui, camiño de ser declarados Ben de Interese Cultural

Todos os grupos do Parlamento de Galicia uníronse para pedir á Xunta que inicie os trámites para estudar a declaración como BIC.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Todos os grupos do Parlamento de Galicia uníronse para pedir á Xunta que inicie os trámites para determinar se os sambenitos da catedral de Tui  son merecedores de ser considerados Ben de Interese Cultural (BIC). A iniciativa presentada polo PPdeG foi aprobada por unanimidade durante a Comisión de Cultura, celebrada este venres na Cámara autonómica.

Os sambenitos son pezas que nos anos da Inquisicón impúñanse aos condenados por practicar o xudaísmo. Na catedral tudense consérvanse cinco lenzos deste tipo, nos que aparece unha cruz de San Andrés, o nome da persoa, o ano do proceso e a acusación.

A petición do Parlamento é que a Xunta active os estudos para determinar se esta colección posúe valor singular, previo paso ao comezo da súa tramitación para a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).

“Esta colección de sambenitos do século XVII procedentes da Catedral de Tui son unhas pezas únicas en Europa e resultan a principal expresión patrimonial da presenza de comunidades sefardís ou criptoxudías, tamén chamados tamén cristiáns novos en Galicia”, apuntou o deputado popular Moisés Rodríguez.

ÚLTIMAS

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...