InicioCulturaIncubus e Editors, décadas de rock alternativo no Festival Vilar de Mouros

Incubus e Editors, décadas de rock alternativo no Festival Vilar de Mouros

Centos de vigueses e galegos cruzaron unha vez máis a fronteira para desfrutar da mellor música.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Incubus e Editors estiveron á altura no Festival Vilar de Mouros (concello de Caminha), preto da fronteira entre Galicia e Portugal, polo que moitos vigueses se achegaron a unha das maiores citas musicais da península.

Incubus no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

Ambos empregáronse a fondo e tocaron temas novos e tamén os seus maiores éxitos. Eclécticos, con anos e anos de experiencia ás súas costas, cunha base tradicional sen deixar de lado o electrónico. Incubus, de feito, mesturou o labor do DJ coa rudeza das súas guitarras.

Editors no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

Incubus son un grupo californiano nado en 1991, que axudou a definir estilos tan diferentes como o nu metal, o post-grunge ou o funk rock. Entre as súas obras máis eloxiadas, atópanse S.C.I.E.N.C.E., Morning View ou Make Yourself.

Incubus no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

A paixón do vocalista, Brandon Boyd, destacou durante toda a súa actuación.

Incubus no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

Pola súa banda, o público desfrutou con tranquilidade pero tamén emoción o traballo dos artistas.

Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

Os Editors, en cambio, pertencen á vertente post-punk, recollendo a influencia de grupos como The Cure ou Joy Division.

Editors no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

Este grupo británico ofreceu ao público de Vilar de Mouros a escuridade e dramatismo do seu traballo, reflectido xa no barroquismo das súas portadas.

Editors no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

Aínda queda a última noite de concertos no Festival, con nomes tan recoñecidos como o de John Cale (un dos membros fundadores da lendaria Velvet Underground), Los Lobos ou James.

Editors/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...