InicioCulturaMáis de 50 filmes na XI edición do Festival Primavera do Cine...

Máis de 50 filmes na XI edición do Festival Primavera do Cine de Vigo

Comezará este martes e pecharase o vindeiro domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 50 films proxectaranse na undécima edición do Festival Primavera do Cine de Vigo, que comezará este martes e pecharase o vindeiro domingo, día 18 de setembro.

Tal como informaron os seus organizadores, esta nova edición pretende que brote na cidade unha pequena “revolución cultural”, polo que se celebrará en catro sedes diferentes: o Auditorio do Concello, a sede viguesa do Instituto Camôes, o Museo Marco e a sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.

Este ano proxectaranse máis de 50 films de cineastas como María Ruído, Eloy Domínguez Serén, Xisela Franco, Diana Toucedo ou Lucía Estévez, entre outros moitos. Ademais, o festival acollerá a celebración de varios obradoiros gratuítos para todas as franxas de idade.

Por segundo ano consecutivo, o evento terá unha sección infantil, conformada por catro curtas de animación, que contará cun xurado de nenos de entre 8 e 11 anos. “A incorporación ao festival dun xurado infantil como fórmula para a creación de novos públicos resulta moi enriquecedora dada a responsabilidade que senten os seus membros, que debaten e analizan cada curto con todo detalle”, indicaron desde a organización.

Entre outras propostas, o Festival Primavera do Cine de Vigo levará a cabo unha homenaxe á actriz galega María Casares, polo centenario do seu nacemento, e entregará unha mención honorífica ao Cineclub Lumière, que terá lugar no acto de clausura que se celebrará o domingo ás 19,00 horas.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...